Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta creará unha gran área educativa no centro de Lugo coa creación dun novo instituto no edificio anexa
A zona converterase nunha referencia do ensino, pois concentrará un colexio, tres institutos e un centro integrado de FP, ademais de instalacións deportivas
A Xunta inicia mañá a mellora do firme na autoestrada AG-55 entre Arteixo e Carballo, que fará necesarios cortes puntuais de carrís ata o venres
As obras consisten no estendido de microaglomerado en varios treitos de ambas as calzadas entre os puntos quilométricos 16 e 29 da autoestrada
A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2021 para apoiar a creatividade, a experiencia e aos novos profesionais do sector artesán galego
Os galardóns buscan recoñecer o talento e a traxectoria dos artesáns galegos a través de tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9000 euros, Premio Traxectoria, de carácter honorífico, e Premio Bolsa Eloy Gesto, cunha contía de 4000 euros para a formación dos novos profesionais do sector
Gonzalo Trenor mantén un encontro institucional co presidente da Cámara de Comercio, Antonio Couceiro
O delegado da Xunta na Coruña coincidiu co representante do ente cameral na necesidade de que se licite canto antes o acceso ferroviario ao Porto Exterior
A Xunta colabora co Concello de Arzúa na mellora do núcleo de Ribadiso polo que discorre o Camiño Francés
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co alcalde de Arzúa o convenio que inclúe traballos de pavimentación, a dotación de servizos e a instalación de mobiliario urbano
O 061 de Galicia asistiu a 105 persoas por 76 accidentes de circulación durante a Semana Santa
Desde as 15,00 horas do mércores, 31 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 92 chamadas por accidentes de tráfico
A Aula Gastronómica Galicia Calidade amosa os produtos e as empresas certificadas aos estudantes de hostalería da comunidade galega
Os restauradores Iñaki Bretal, Yayo Daporta, Lucía Freitas e María Varela, integrados en Galicia Calidade, prepararán menús deseñados con produtos do selo
A Xunta reforzará o apoio á industria audiovisual cunha nova liña de subvencións para as salas de cine
Román Rodríguez agradece ao sector o seu compromiso por manter o seu nivel de actividade en rodaxes e estreas e demostrar “ser un motor da nosa cultura”
A profesora estadounidense Kathleen March, gañadora do novo programa de residencias literarias para tradutores da Xunta
É unha das máis prestixiosas divulgadoras da literatura galega nos EEUU e se desprazará a Galicia para traducir obras de Marica Campo e Emma Pedreira