Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Gonzalo Trenor anima aos veciños a solicitar as axudas do Programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios
O delegado da Xunta na Coruña supervisou unha actuación desta orde na avenida Ponte da Pedra, que contou cunha axuda de 144.000 euros concedida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
Feijóo destaca o compromiso coa sanidade do rural coa construción ou renovación na última década de 38 centros de saúde en concellos de menos de 5.000 habitantes
Garante a construción ou renovación nesta lexislatura de 39 centros de saúde na Comunidade, dos cales 9 xa están executados
A Xunta impulsará unha oferta de 16 másteres de FP a partir do próximo curso que mellorará e especializará aos titulados
Videoxogos, intelixencia artificial, ‘big data’ ou ciberseguridade son algunhas das ramas que se buscan introducir no ensino da nosa Comunidade
A Xunta recibe as ofertas de 13 empresas para executar o acondicionamento da estrada AC-110 no Concello das Somozas, que suporá un investimento de máis de 500.000 €
Esta actuación, que conta cun prazo de execución de 6 meses, iniciarase no verán co obxectivo de rematala este mesmo año
Fabiola García destaca a aposta da Xunta polo voluntariado con máis de 500.000 euros en axudas para que concellos e entidades realicen proxectos neste eido
O Goberno galego convoca tres liñas de subvencións para impulsar programas para persoas de entre 16 e 30 anos ou para maiores de 55 anos
A Xunta recibe un total de 13 ofertas para executar as obras de rehabilitación e posta en valor da Ponte Nafonso en Noia e Outes, que suporán un investimento autonómico de 707.000 euros
Catro das ofertas foron presentadas por UTE, sumando un total de 17 empresas implicadas na licitación
Galicia rexistra un total de 2.174 casos activos por coronavirus
Un total de 113.123 pacientes xa están curados
Conde destaca que as obras levadas a cabo pola UDC e a Xunta exemplifican a importancia de tomar a iniciativa para afianzar a cultura da eficiencia enerxética
Son un total de seis actuacións nos campus da Coruña e Ferrol que contan cun investimento de 2,75M€ e que permitirán aforros enerxéticos equivalentes ao consumo anual de 10.000 fogares
A Xunta destaca que preto do 70% da superficie do Concello do Pino xa está concentrada, tras rematar a parcelaria de Budiño
A Consellería destinou preto de 1,4 millóns de euros neste proceso, que abarca unha superficie dunhas 700 hectáreas
A carteleira de abril da Filmoteca de Galicia ofrece 19 sesións dos ciclos sobre os cineastas Mani Kaul e Wong Kar-Wai
Os filmes da pioneira Dorothy Davenport Reid e da artista multidisciplinar Nancy Holt serán tamén parte central da programación que se desenvolverá durante todo o mes na sala José Sellier da cinemateca da Xunta