Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/04/21 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a solta de 1,6 millóns de individuos do parasito torymus sinensis para consolidar a súa loita contra a avespiña do castiñeiro

A Consellería do Medio Rural investirá máis de 2,2 millóns de euros en 2021 para combater a praga con este método natural

01/04/21 | 11:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
01/04/21 | 11:09 | C. de Economía e Industria

A Axencia Galega de Innovación achega un simulador de vernizado ao CIFP Santiago para incorporar ao ciclo formativo relacionado cos acabados da madeira

Este simulador permitirá optimizar a avaliación do alumnado, así como aforrar custos e evitar o uso de materias contaminantes

01/04/21 | 10:59

A Xunta traslada á frota de palangre galega un informe xurídico que tacha de arbitrario o veto do Goberno central á comercialización do marraxo

O ditame encargado polo Executivo galego á Universidade de Santiago de Compostela sostén que a prohibición da súa venda é contraria ao ordenamento xurídico polo que os afectados poderían recorrer esa decisión e reclamar posibles danos e prexuízos

01/04/21 | 10:55

O Plan de Seguridade e Saúde Laboral da Xunta de Galicia para 2021 prioriza campañas nos sectores forestal e agrícola

O obxectivo da Xunta de Galicia é achegar información sobre o uso seguro de equipos, en particular no manexo de maquinaria, mediante cursos de información e formación de carácter práctico

01/04/21 | 10:40 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

Decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, por proximidade do lume ao lugar de Portela, parroquia de Gundriz, do concello limítrofe de Samos

01/04/21 | 10:31 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.340 casos activos por coronavirus

Un total de 112.501 pacientes xa están curados

01/04/21 | 10:22

A Xunta e o Goberno central colaborarán en materia cartográfica e xeográfica para garantir o acceso á información e uns criterios homoxéneos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Consello Superior Xeográfico renovan a integración de Galicia no Sistema Cartográfico Nacional

01/04/21 | 10:16

Medio Ambiente licita por máis de 75.000 euros o acondicionamento dun espazo público no lugar de Mugares, en Toén

O proxecto ten como principal obxectivo acometer unha actuación integral para recuperar esta zona, na que se localizan un conxunto de hórreos e un pombal, ao tempo que se pavimentan e acondicionan os camiños que conducen á mesma

31/03/21 | 19:46 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle

Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 30 hectáreas