Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o laboratorio oficial de metroloxía de Galicia
Gabriel Alén subliñou a “fundamental achega deste laboratorio á I+D+i pois colabora no desenvolvemento dun proceso innovador no campo da metroloxía, tanto na parte técnica como na posterior normalización, contribuíndo á mellora da competitividade do tecido industrial galego”
Galicia e Portugal liberaron no tramo internacional do Miño máis de 100.000 xuvenís de salmóns e 1.600 quilos de anguías desde 2017
Grazas a esta iniciativa transfronteiriza, financiada con fondos da UE e liderada pola Xunta, sentáronse as bases para xestionar por primeira vez os recursos pesqueiros da zona de forma común e harmonizada entre todas as administracións
Fabiola García destaca que o centro de día público de Miño satisfai unha débeda histórica coas veciñas e veciños da comarca
O centro conta nestes momentos con oito usuarios e un total de 30 prazas públicas
O cambio de hora desta fin de semana supón un aforro enerxético próximo ao 0,4% no consumo eléctrico en Galicia
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano
A Xunta inicia as obras de mellora do firme na avenida da Paz, no concello de Ribeira
A intervención conta cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros e cun prazo de execución estimado de 2 meses
A Xunta manterá o nivel máximo de restricións no concello de Beade
O subcomité clínico, logo da xuntanza desta mañá, establece o nivel alto para os municipios de Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo , Pazos de Borbén e Padrenda
A Xunta oferta 3.716 prazas públicas en escolas infantís para o curso 2021/2022 na provincia de Pontevedra e abre o prazo de solicitude ata o 12 de abril
O delegado territorial, Luis López, anuncia, nunha visita ao servizo do Edificio Administrativo de Campolongo, que a oferta, dotada con 60 centros, ampliarase ao longo do curso coa apertura da de Salvaterra do Miño
A Xunta destina 3 M€ para a renovación de electrodomésticos en 20.000 fogares galegos
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou a convocatoria, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, que o vindeiro martes abrirá o prazo de adhesión de establecementos
A Xunta pon en valor en Vigo o Programa Integrado de Emprego de Asime que acadou un 54% de inserción laboral na última edición
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha xuntanza na cidade olívica cos representantes da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia á que pertencen máis de 600 empresas
A Xunta defende o impulso da competitividade da industria forestal galega como un dos principais retos da transición ecolóxica
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no webinario ‘Retos e expectativas da industria forestal galega’