Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo apela á unidade para converter Galicia nunha excepción da política de ruído que está invadindo o panorama nacional
Confirma que despois de Semana Santa a Xunta prevé iniciar a vacinación do grupo de idade comprendido entre os 55 e os 65 anos
A obra gañadora do premio Condado de Pallares apoiado pola Xunta incide no valor patrimonial dos Caneiros
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentan 'Un patrimonio esquecido: caneiros do Miño en Guntín de Pallares' de Yolanda Vázquez
A Xunta salienta a actividade responsable e respectuosa co Medio Ambiente da frota galega amparada pola etiqueta Pescaenverde
Este selo de calidade chega xa a 33 confrarías de pescadores de Galicia tras recibir a súa acreditación as de Vilaxoán, Cabo de Cruz, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Cedeira e Ferrol
A Policía Autonómica en colaboración coa Confraría de San Telmo comisa 75 quilos de ameixa nun dispositivo contra o furtivismo en Poio
Foron identificadas dúas persoas ás que se lles abriron dilixencias por un presunto delito contra a protección da flora e da fauna
O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece durante toda a Semana Santa actividades e rutas guiadas abertas aos visitantes
Ata o 4 de abril, poderase viaxar en transporte regular aos arquipélagos de Cíes e Ons, que xa teñen confirmadas máis de 1.100 reservas para este período
Emigración coñece no concello de Boqueixón un proxecto empresarial en plataforma dixital dun galego retornado apoiado pola Xunta
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá o concello coruñés, acompañado do delegado da Xunta nesta provincia, Gonzalo Trenor, e do alcalde da localidade, Manuel Fernández Munín, recordando que en 2020 beneficiáronse un total de 94 emigrantes retornados a través das axudas de emprendemento, sendo 9 deles veciños dalgún concello da comarca de Santiago
A Xunta xa habilitou o espazo e a dotación dos 8 funcionarios e do material do novo xulgado do social da Coruña que comezará a funcionar o próximo mércores
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín visitou hoxe xunto co presidente do TSXG, José María Gómez y Diaz-Castroverde as instalacións do novo xulgado nº7 do Social na antiga sede da Audiencia Provincial
Un estudo das universidades galegas salienta a crecente profesionalización e especialización dos xestores culturais
A investigación constata a progresiva incorporación das mulleres ao sector e identifica a este colectivo como experimentado e cada vez máis preparado
Ethel Vázquez destaca o traballo da Xunta para facer posible a estación intermodal de Vigo e aposta por tomala de exemplo para a colaboración institucional a prol da cidade
Subliña a satisfacción de ver convertido case en realidade este proxecto estratéxico e insta a manter os cronogramas para rematar as obras este ano