Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/03/21 | 11:13

Motivación, creatividade, negociación, persuasión e comunicación, habilidades en auxe identificadas pola Xunta para a empregabilidade

A Xunta pon ao dispor de traballadoras e traballadores, orientadores laborais e técnicos municipais de emprego a ‘Guía de habilidades’, que pon en valor a importancia da formación para o emprego en capacidades sociais

20/03/21 | 11:11

A Xunta estudará vías de colaboración co Concello de Xunqueira de Ambía para poñer en valor a contorna dun espazo BIC

O proxecto municipal ten como obxectivo intervir sobre unha praza integrada no conxunto da Colexiata de Santa María de Xunqueira

20/03/21 | 11:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o esforzo e implicación do CTAG por deseñar proxectos para promover a mobilidade eléctrica, autónoma, conectada e sustentable

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse co director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, Luis Moreno, para avaliar as iniciativas coas que pretende captar fondos europeos

20/03/21 | 11:04 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia rexistra 21 adopcións internacionais durante o ano 2020

A provincia da Coruña é a que máis preasignación de menores rexistrou, con 14, seguida de Pontevedra con 5 e Ourense con 2

20/03/21 | 10:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Castrelo de Miño colaborarán nun estudo de viabilidade mineiro-medicinal na contorna do encoro

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co rexedor para avaliar iniciativas que poidan dinamizar a actividade local

20/03/21 | 10:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do novo Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, co obxectivo de aproximarse á meta de cero vítimas de tráfico nas estradas autonómicas

Este contrato, licitado por un importe de case 145.000 euros, conta cun prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro 5 de abril

20/03/21 | 10:49

Medio Ambiente lembra ao Concello de Noia que o Fondo de Cooperación permite acceder a incentivos sen xuros para recuperar inmobles de uso público

A Xunta invita ao municipio a participar neste programa que se abrirá nas próximas semanas e que contará con 4 millóns de euros

20/03/21 | 10:33 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.563 casos activos por coronavirus

Un total de 110.773 pacientes xa están curados

19/03/21 | 11:55 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.575 casos activos por coronavirus

Un total de 110.601 pacientes xa están curados

19/03/21 | 11:30

O alumnado de mergullo do Igafa realiza en Ferrol as correspondentes prácticas de inmersión en campá húmida

Esta formación, que comezou o 15 de marzo e se impartirá ata o 26 deste mes, consiste na aprendizaxe de técnicas e protocolos de inmersión desta ferramenta de mergullo