Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/03/21 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/03/21 | 11:26

Medio Ambiente abre a posibilidade de que Narón deposite os biorresiduos na planta que Sogama ten neste concello

A Xunta realizou unha inversión de 250.000 euros para mellorar o servizo que se ofrece desde Narón aos concellos da contorna

19/03/21 | 11:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta simplifica a tramitación administrativa e os requisitos técnicos que se aplican ás instalacións de xeración asociadas ao autoconsumo

A instrución publicada no Diario Oficial de Galicia distingue entre as instalacións sen excedentes e con excedentes e manterá as mesmas garantías técnicas, xurídicas e medioambientais

19/03/21 | 11:23

A Xunta incide no uso seguro da maquinaria e na prevención ante a vespa velutina como riscos laborais da actividade forestal

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, presidiu unha nova xuntanza do grupo de traballo de prevención de riscos no ámbito forestal que xunta a empresas e Administración

19/03/21 | 11:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre unha nova convocatoria para que as universidades opten ao selo de excelencia dos seus másters universitarios

Esta distinción acredita a solvencia técnico-científica dos estudos que a acaden e supón unha garantía de calidade para o alumnado

19/03/21 | 11:22

Medio Ambiente tratou case 140.000 quilos de residuos sanitarios de baixo risco durante á terceira onda da covid-19

A operativa empregada foi a mesma que nos dous períodos anteriores, habilitando unha planta provisional e específica onde estes materiais son triturados e acondicionados para ser transformados nun combustible CDR

19/03/21 | 11:21

A Xunta convoca axudas de ata 15.000 € para comprar vivendas nos trece centros históricos declarados na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, sinala que alcanzarán esta contía máxima en Mondoñedo, por ser unha das tres áreas Rexurbe declaradas en Galicia

19/03/21 | 11:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza un programa de residencias literarias no Gaiás con figuras actuais como Sara Mesa e Berta Dávila

Está deseñado para o apoio e acompañamento de escritores emerxentes e inéditos, baseándose no intercambio de experiencias e coñecementos

19/03/21 | 11:10 | C. do Medio Rural

Un total de 82 candidaturas optan este ano aos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural

A presente edición bateu récord de proxectos presentados, destacando un notable incremento nas categorías de mulleres, mocidade, recuperación de terras agrarias, turismo e interese social

19/03/21 | 11:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución do bombeo de augas residuais nas Quintas e A Gradeira, no Concello de Toén

O contrato, cun investimento de preto de 38.000 euros, conta cun prazo de execución de 3 meses