Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/03/21 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Galicia é líder nacional en certificación forestal

José González, que estivo acompañado polo director de Xera e polo delegado territorial, salientou que Galicia dispón do 30% da superficie nacional certificada polo sistema FSC e achegou no 2020 o 60% do monte con selo PEFC en España

22/03/21 | 13:47 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade agradece ao Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra a súa implicación no proceso de cribado poboacional da covid nesta provincia

A intención da Xunta é estender esta iniciativa a toda Galicia, xa que cre nesta complementariedade entre o sistema público de saúde e as oficinas de farmacia para dar servizos sanitarios á poboación

22/03/21 | 13:01 | C. de Sanidade
22/03/21 | 12:59

A Xunta subliña o papel clave de Meteogalicia na loita contra o cambio climático e como referente científico no Estado

Na véspera do Día meteorolóxico mundial, que ten este ano como lema ‘O océano, o noso clima e o tempo’, Vázquez Mejuto subliña que Galicia é unha das tres únicas comunidades que conta desde hai xa 20 anos con servizo meteorolóxico propio

22/03/21 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a Unidade Mixta da EDAR de Bens suporá un cambio cara a un modelo enerxético máis eficiente e sustentable da cidade da Coruña extrapolable ao resto de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións coruñesas con motivo da presentación da consolidación da UMI de Gas Renovable

22/03/21 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Gonzalo Trenor supervisa o remate das obras das sendas en Fontán e entre Mandín e As Torres, nos concellos de Sada e Oleiros

Construíronse 2 itinerarios mixtos nas estradas autonómicas AC-163 e AC-182, de 2 metros de ancho que suman case 1 quilómetro de novas sendas

22/03/21 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O primeiro estudo de contabilidade social da Cidade da Cultura estima que xera un valor anual na sociedade de 24 M€

Román Rodríguez destaca que este traballo “pioneiro en Galicia, permitiranos ter unha fotografía, máis completa e con base académica, do que estamos a aportar á cidadanía, así como axustar as nosas liñas de traballo aos nosos obxectivos”

22/03/21 | 12:35

Galicia demanda a Bruxelas melloras na proposta de cotas das principais especies da frota galega en augas compartidas co Reino Unido

O Executivo comunitario propón unha alternativa ao acordo que contempla a asignación provisional ata o 31 de xullo a parte proporcional sobre o total anual das cotas recomendadas polos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar á espera de que se acade un acordo co Goberno británico

22/03/21 | 12:35 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta
22/03/21 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega 1.437 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Órrea-Galegos, en Riotorto, a preto de 500 veciños

A Consellería do Medio Rural investiu case tres millóns de euros neste proceso, sendo o máis custoso as obras relativas á rede de camiños