Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/03/21 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As Hejduk do Gaiás convértense nun viveiro de sementes cunha intervención artística que enxalza a auga como orixe da vida

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe ‘O perpetuo tránsito cara ao presente’ no que Miguel Moreno Mateos recrea un sistema de rego con 17 esferas de cristal que canalizan a auga procedente da choiva

23/03/21 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou 42.000 euros ao acondicionamento do local cedido ao Concello de Ribadeo para o traslado provisional dos funcionarios do xulgado de Paz

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o inmoble no que antes dun mes se realizará o traslado mentres o concello leva a cabo as obras da sede principal deste órgano xudicial

23/03/21 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta amplía os prazos de amortización e carencia da súa liña de préstamos e microcréditos para seguir apoiando a solvencia do tecido empresarial galego

O DOG publica hoxe esta medida pola que se amplía ata os dous anos o período de carencia e en tres anos máis o prazo de amortización destas operacións avaladas polo Igape

23/03/21 | 12:55 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade pon en marcha Xanela Aberta á familia, sitio web de fomento de estilos de vida saudables na familia e na infancia

Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen tamén anunciou unha guía de consellos alimentarios na infancia

23/03/21 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Diario Oficial de Galicia publica o cambio de titularidade a prol do Concello de Triacastela dun treito antigo da estrada LU-633 coincidente coa traza do Camiño Francés

O municipio asume un antigo tramo en curva duns 112 metros de lonxitude que descorre moi próximo ao casco urbano, destinado a uso público e de recreo

23/03/21 | 12:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A programación das Letras Galegas 2021 contará con medio cento de actividades para divulgar o legado de Xela Arias

A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura, a CRTVG xunto a múltiples entidades e empresas deseñan un ambicioso conxunto de propostas no eido literario, expositivo, deportivo, musical ou escénico

23/03/21 | 12:18

A Xunta apoia o labor dos Centros de Información á Muller cunha achega este ano de 5 M€, un 10,5% máis que en 2020

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe por videoconferencia unha xuntanza con directoras dos CIMs de Galicia, unha rede de 83 centros que presta axuda en 182 concellos ás mulleres galegas que o precisan, con especial atención ás vítimas de violencia de xénero

23/03/21 | 12:16 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.490 casos activos por coronavirus

Un total de 111.141 pacientes xa están curados

23/03/21 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo para que as empresas turísticas se adhiran á nova convocatoria do Bono Turístico #QuedamosenGalicia2

Alfonso Rueda destaca que a iniciativa permitirá inxectar no sector preto de 6,8 millóns de euros

23/03/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que no mes de maio os menores de 21 anos de toda Galicia poderán viaxar gratis no transporte interurbano da Xunta coa tarxeta Xente Nova

Defende como un “deber” da Xunta a defensa dos intereses de Galicia con demandas como as bonificacións da AP-9 ou infraestruturas como a conexión de Lugo co AVE, o tren a Punta Langosteira ou a Saída Sur de Vigo