Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/03/21 | 16:52

A Xunta xa perfila no seo do Diálogo Social e a Mesa Autónomos o 3º Plan de Rescate

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe xuntanzas cos representantes do Diálogo Social e cos interlocutores das persoas traballadoras autónomas

22/03/21 | 16:14 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por aumentar a produción das denominacións de orixe de queixo galegas e por mellorar o seu posicionamento no marco da estratexia do sector lácteo

Ante representantes das catro DOP dos queixos, José González púxoas como exemplo da transformación do leite en produtos de alto valor engadido que xeran riqueza na nosa comunidade

22/03/21 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de estabilización do muro do aparcadoiro do Hospital Materno Infantil da Coruña

As actuacións consistirán na reconstrución do muro que sufriu desprendementos como consecuencia do mal estado dunha tubaxe e das fortes chuvias de decembro

22/03/21 | 15:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras da nova senda peonil e ciclista entre Bagüín e Seixo no concello de Marín

A actuación, contratada por preto de 565.000 €, prevé o seu comezo na segunda quincena de abril, co obxectivo de rematala a finais de ano ou principios de 2022

22/03/21 | 15:09

A Xunta apela a practicar un turismo responsable nas Illas Atlánticas, que xa teñen unhas 400 reservas para a Semana Santa

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembra que as autorizacións preceptivas para viaxar ao Parque Nacional se poden tramitar de forma telemática desde o pasado 15 de marzo

22/03/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia debate con outras rexións en Bruxelas como facer fronte ás ameazas transfronteirizas para a saúde

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na segunda reunión do ano da Comisión de Recursos Naturais do Comité Europeo das Rexións

22/03/21 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por preto de 73.000 euros a restauración do retablo maior da Igrexa de Santiago en Pontedeume

A actuación prevista ten por obxectivo resolver as patoloxías detectadas no retablo para garantir a súa conservación

22/03/21 | 14:24 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo destaca o compromiso da Xunta coa saúde a través do deporte coa inauguración da fase deportiva do Complexo de Monterrei

Salienta que a Secretaría Xeral para o Deporte contará neste 2021 cun orzamento que medra con respecto a 2020 un 28,5%, ata acadar os 32,5 millóns, dos cales máis de 9 millóns estarán destinados á construción de infraestruturas deportivas

22/03/21 | 14:18 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta propón aos sindicatos incluír na oferta de emprego público para 2021 máis de 1.000 prazas de acceso libre

O Goberno galego amplía así a proposta remitida a semana pasada aos sindicatos, e inclúe as prazas de estabilización e consolidación de persoal que se suman ás 635 da taxa de reposición

22/03/21 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Museo do Viño de Monforte acolle unha mostra itinerante do traxe de gala das mulleres lucenses no marco do programa ‘O teu Xacobeo’

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na apertura da exposición que viaxará por outras seis localidades da provincia