Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta acomete a humanización integral da rúa San Benito de Arbo cun investimento de 170.000 € ao abeiro do Plan Hurbe
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde, Horacio Gil, supervisan os traballos, que estarán rematados despois de Semana Santa para completar a modernización deste vial de acceso ao núcleo urbano tras a realizada na rúa Antonia Tovar
A Policía Autonómica realizou 38 dispositivos esta Ponte de San Xosé na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a covid-19
No marco destes controis os axentes levaron a cabo 97 inspeccións, en 7 concellos da provincia coruñesa, e identificaron a 279 persoas
A Xunta convoca axudas de ata 15.000 € para comprar vivendas na ducia de cascos históricos declarados na provincia da Coruña
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, destacou que estas axudas alcanzarán a contía máxima na cidade da Coruña, por ser unha das tres áreas Rexurbe declaradas en Galicia
A Xunta convoca axudas de ata 12.800 € para mercar vivendas en dez cascos históricos de Pontevedra, Vilagarcía, Marín, Poio, Tui, Caldas de Reis e Cambados
O delegado territorial da Xunta, Luis López, anuncia esta liña, que ten aberto o prazo de solicitude ata o 1 de setembro, no casco antigo de Pontevedra, cidade na que tamén poden beneficiarse destas subvencións as operacións en Estribela
A Xunta publica a convocatoria das probas para o desempeño das funcións de xestor de transporte por estrada en empresas de mercadorías e de viaxeiros
A primeira quenda dos exames fíxase entre o 17 de abril e o 27 de xuño; mentres que a segunda establécese entre o 2 de outubro e o 19 de decembro de 2021
A Xunta apoia un programa de atención integral á saúde das mulleres cun total de 50 beneficiarias en Lugo e Verín
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, Cáritas de Lugo, que desenvolve un programa para mulleres en situación de vulnerabilidade
A Xunta destina 3 M€ para financiar obras de conservación e mellora da seguridade e accesibilidade en vivendas
O delegado territorial informou tamén da nova convocatoria de axudas do programa para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, xa aberta dende xaneiro ata o 31 de xullo para presentar as solicitudes
Medio Ambiente suma 22 novos concellos que se beneficiarán dun incremento dun 30% nas axudas para paliar os danos do lobo
Entran nesta listaxe con maior incidencia por fauna silvestre os municipios de: A Laracha, Lousame, Ortigueira, Oza-Cesuras, As Somozas, Chantada, Guntín, Lugo, Paradela, Sarria, O Saviñao, Taboada, Viveiro, Xove, Castro Caldelas, Celanova, Nogueira de Ramuín, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Pontevedra e Silleda