Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta tramita a inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de dous montes nos concellos da Veiga e Ponte Caldelas
Trátase do monte Biduedo e Serra do Eixe, de titularidade da comunidade de montes de Riomao, e dos montes de Anceu, da comunidade de montes homónima
Máis de 320 aspirantes participan nas probas físicas do proceso selectivo para acceder ao corpo de Policía Local
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde se está a levar a cabo hoxe e mañá o terceiro exercicio da oposición
A Xunta amplía ata o 16 de abril o prazo para solicitar as primeiras axudas de impulso á boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común
O obxectivo das achegas é profesionalizar a xestión das CMVMC e consolidar as máis de 660.000 hectáreas de montes que abranguen, que representan máis do 25% da superficie forestal da comunidade
Extinguido un conato de incendio forestal no concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, dentro do Parque Natural do Xurés
O lume afectou 0,02 hectáreas de superficie, todas elas de monte raso
A Xunta reanuda o mércores a administración da vacina de AstraZeneca
A vacinación con AstraZeneca reanúdase onde quedou, cos grupos 3B, 3C e 6
A Biblioteca Pública Antonio Odriozola mellora as condicións de almacenaxe e depósito dos seus fondos bibliográficos
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visita as instalacións tras o remate da obra impulsada pola Xunta cunha achega de 50.000€
A Xunta, o Concello e os empresarios de San Cibrao abordan o estudo para a execución dunha terminal ferroviaria de mercadorías que reforce á competitividade deste polo industrial
A entidade empresarial elaborou un anteproxecto da actuación, que lle corresponde impulsar ao Goberno de España, responsable das infraestruturas ferroviarias
A Xunta apoia as xornadas 'O que non se escribe' para poñer en valor a lingua galega no marco do patrimonio sonoro
O encontro desenvólvese desde o mércores ata o sábado en Santiago con distintas actividades de aprendizaxe e experimentación
A Xunta analiza con Cogami os elementos que garanten a accesibilidade da estación intermodal de Santiago
Os desprazamentos de persoas con mobilidade reducida facilítanse a través de ascensores ás dársenas e coas ramplas de acceso desde a cidade ao complexo intermodal e de conexión entre a estación de autobuses e a de ferrocarril