Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia porá en marcha unha unidade multidisciplinar poscovid en cada unha das 7 áreas sanitarias
Feijóo sinala que comezarán a funcionar neste mesmo mes e estarán compostas por un equipo de profesionais de diversas disciplinas
Feijóo avanza as liñas do Plan de nova de arquitectura pedagóxica que estará dotado con 191 millóns de euros ata 2024
Precisa que todas as obras que executen nese período quedarán suxeitas a estas normas
A Xunta pon en marcha diversas axudas á rehabilitación por un importe de máis de 12 millóns de euros
Feijóo avanza que se trata de seis programas de rehabilitación cos que “proseguimos co obxectivo de poñer en condicións mellores os nosos cascos históricos e, en xeral, todas as vivendas que queiran acollerse a estes programas”
A Xunta colabora con ACNUR para reducir a situación de vulnerabilidade da poboación refuxiada venezolana en Colombia agravada pola pandemia
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe coa organización o convenio para poñer en marcha esta actuación que permitirá atender a 32 familias para garantir o seu acceso aos servizos de emerxencia e cubrir as súas necesidades básicas
A Xunta inviste máis de 1,5 M€ na instalación de dúas centrais de biomasa no campus de Pontevedra e a cidade educativa da Xunqueira
O obxectivo é reducir o impacto no medio ambiente, acadando un sistema de calefacción máis eficiente desde o punto de vista enerxético para nove centros de ensino e facultades
Lete Lasa presenta a Regata da Muller como unha "aposta decidida polo deporte feminino" que tanto éxito lle ten dado a Galicia
Desenvolverase en catro fases diferentes (19 de marzo, 24 de abril, 8 de maio e 22 de maio) e que terá como colofón unha final con outras cinco tripulacións femininas doutras comunidades os días 4, 5 e 6 de xuño
O Foro de Reactivación convoca unha nova xuntanza e comunica a atenuación de restricións no deporte galego
Para os concellos con mellor situación permitiranse grupos de seis persoas na práctica da actividade física deportiva non federada ao aire libre e aforamentos de 300 persoas en interior e mil en exterior nos espectáculos deportivos
Galicia reclama en Bruxelas axilidade na transferencia dos fondos de compensación polo ‘Brexit’ para mitigar o impacto económico sobre a pesca
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia durante o 143º pleno do Comité das Rexións
A Xunta colabora coa mancomunidade do Salnés na instalación dun sistema solar fotovoltaico na estación de bombeo de auga potable
Reducirá o consumo enerxético nun 55,8% e evitará a emisión de 67.658 kg de CO2 anuais