Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/03/21 | 11:47

A Xunta destinará case 200.000 euros a pagar os xuros de préstamos a particulares para a rehabilitación de vivendas

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria para 2021 das axudas, dirixidas aos particulares ou ás comunidades de propietarios

18/03/21 | 11:18 | C. do Medio Rural

Medio Rural prohibe dende mañá as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición

18/03/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta cede á Federación de Veciños de Lugo 230 exemplares de árbores autóctonas para plantar en oito concellos da provincia

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que proceden do viveiro de Sambreixo (Guitiriz) e serán distribuídos entre 20 agrupacións veciñais lucenses

17/03/21 | 19:15 | C. de Sanidade

O Sergas publica os resultados definitivos do proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Con esta publicación adiántase a actualización das listas das categorías sanitarias de primeira liña na loita contra a pandemia da covid-19

17/03/21 | 18:10 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o labor esencial das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar durante a pandemia

Explicou que desde a Xunta de Galicia se instou aos concellos a manter en todo momento o servizo e, ademais, se ampliou a atención co SAF extraordinario, gratuíto para os seus beneficiarios

17/03/21 | 17:58

O Plan reitor do Parque Natural de Corrubedo supera un dos últimos trámites antes da súa aprobación definitiva pola Xunta

A xunta reitora do espazo natural reuniuse hoxe para coñecer e valorar o contido do decreto polo que se modificará o Plan de ordenación de recursos naturais (PORN) e se aprobará o novo Plan reitor de usos e xestión (PRUX)

17/03/21 | 15:51 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia avanza novas medidas relacionadas cos horarios e aforos da hostalería e as reunións de non conviventes

Precisa que todas as decisións acordadas polo comité clínico estarán en vigor a partir deste venres 19 de marzo, e serán revisadas antes dos festivos de Semana Santa

17/03/21 | 15:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución da Fundación Belarmino Fernández ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da entidade no concello de Sober

17/03/21 | 15:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias propón fixar a sede do Consorcio Casco Vello de Vigo nun local propiedade do organismo, en Ferrería 45

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta de Galicia sinala que o local, preto do Paseo de Alfonso, contribuirá a dar unha maior visibilidade ao organismo

17/03/21 | 15:21

A Xunta reforza os servizos no parque natural do Monte Aloia cunha zona de lecer e biosaudable e a posta en valor da súa senda botánica

O delegado territorial da Xunta, Luis López, supervisa esta actuación, que afianzou o percorrido ao tempo que renovou a súa sinalización e arboretum e tamén creou unha zona de esparcemento cun investimento global de 33.000 €