Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/03/21 | 14:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa as xornadas ‘Literatura nas marxes: a creación alén do canon’ co gallo do Día Mundial da Poesía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe o encontro literario arredor da figura da muller e do colectivo LGBTIQ+

11/03/21 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Grupo Lence analizan os apoios á innovación dirixidos á industria alimentaria

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a planta que a empresa Leite Río ten no polígono do Ceao (Lugo) para coñecer os novos proxectos que están desenvolvendo

11/03/21 | 13:47 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 3.092 casos activos por coronavirus

Un total de 108.895 pacientes xa están curados

11/03/21 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que máis da metade das explotacións agrarias de Galicia están en mans de mulleres e pon en valor o seu papel de emprendedoras no agro

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias salientou que dentro das axudas para creación de pequenas explotacións, no período 2016-2019 as mulleres superan os homes en número de beneficiarias

11/03/21 | 13:39

A planta de compostaxe de Vilanova de Arousa avanza coa sinatura do contrato para redacción do proxecto por case 115.000 euros

Esta instalación dará servizo a 25 concellos da contorna e estará instalada no polígono vilanovés de Baión, grazas a un investimento total de 15,5 M€

11/03/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilitará unha sala dixital nos xulgados de Cambados, nos que tamén investiu 140.000 euros para a súa mellora enerxética

A nova sala integrará un sistema de videoconferencia, o que permitirá liberar unha das tres coas que conta agora o edificio xudicial

11/03/21 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O DOG publica a normativa de revisión de cualificacións en todas as etapas educativas cun procedemento estable

Este procedemento regrado será de aplicación tamén para ESO e Bacharelato, que ata o de agora se rexía a través dunha resolución para cada curso académico

11/03/21 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade

O programa Xantar na casa da Xunta comeza a funcionar en Melide

Inicia a súa actividade con seis persoas usuarias, podéndose ampliar ata un máximo de dez

11/03/21 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gonzalo Trenor celebra o cambio de postura de Ábalos co acceso ferroviario ao Porto Exterior tras o encontro con Núñez Feijóo

O delegado da Xunta comparou o compromiso adquirido onte co Presidente da Xunta coa postura dos representantes do Goberno central no Concello que chegaron a cuestionar a viabilidade de Punta Langosteira

11/03/21 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica o acondicionamento do edificio do servizo de mobilidade na Coruña por importe de máis de 434.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o comezo das obras en primavera para telas rematadas este mesmo ano