Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/03/21 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela ao compromiso de todas as administracións para que a transición ecolóxica sexa unha oportunidade para a industria de Ferrolterra

Subliña a disposición de Galicia a colaborar co Goberno para que encontre unha solución que dote de carga de traballo os estaleiros de Navantia e para que se evite o peche da central das Pontes a través do uso de biocombustibles

10/03/21 | 15:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita as obras de restauración da igrexa de San Bartolomeu de Berrande en Vilardevós

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade inviste 200.000 euros na súa rehabilitación

10/03/21 | 15:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a creación de Celtarys Research, spin off da USC que desenvolve ferramentas fluorescentes para acelerar o descubrimento de fármacos

O equipo promotor validou esta tecnoloxía no marco do proxecto Fluorotools, dentro do programa Ignicia que desenvolve a Administración autonómica en colaboración coa Fundación Barrié

10/03/21 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A conversión en Centro Integrado de FP do IES Fraga do Eume reforzará a súa especialización na familia profesional de hostalaría e turismo

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, reuniuse hoxe co equipo directivo do centro para perfilar a nova organización educativa, enfocada a mellorar a calidade formativa e a futura inserción laboral dos estudantes

10/03/21 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa un ciclo de encontros multidisciplinares que afondarán no Camiño de Santiago cunha perspectiva de xénero

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentaron esta mañá a iniciativa, que forma parte da programación do Xacobeo

10/03/21 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese cos alcaldes de Vilardevós e Verín

O delegado territorial da Xunta manifestoulle ao alcalde de Verín o seu rexeitamento pola decisión unilateral de peche da Oficina Agraria Comarcal na antiga Praza de Abastos

10/03/21 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a través do programa ‘O teu Xacobeo’ a iniciativa ‘O camiño que nos une’ da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiron hoxe á presentación desta iniciativa na que participan oito deportistas luguesas para promover os valores da igualdade e o Xacobeo

10/03/21 | 15:02 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que nos vindeiros días presentarase a Estratexia galega de atención á soidade non desexada

É unha iniciativa pioneira a nivel estatal, que conta coa colaboración da Fegamp e das entidades máis representativas que traballan no ámbito das persoas de máis idade na comunidade

10/03/21 | 14:59 | C. de Sanidade

A Xunta reforzará o cadro de persoal do ámbito da saúde mental coa contratación de 120 novos profesionais

A medida insírese no Plan de Saúde Mental postcovid-19 2020-2024, optimizando a calidade asistencial e incidindo na prevención e detección precoz das doenzas mentais

10/03/21 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a nova glorieta na intersección das estradas LU-652 e LU-546, en Bóveda, para reforzar a seguridade viaria na contorna

O delegado territorial, Javier Arias, sinala que se investiron 212.000 euros na execución da rotonda, que conta cun diámetro exterior de 41 metros