Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/03/21 | 12:39

Medio Ambiente acondicionou case 100 quilómetros de pistas e sendeiros na reserva nacional de caza dos Ancares nos dous últimos anos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, presidiu hoxe a reunión telemática da xunta consultiva, na que se avaliaron os censos cinexéticos de distintas especies

11/03/21 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería do Medio Rural convoca catro liñas de axudas para a creación e mellora de superficies forestais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinala que se destinan 26,3 millóns de euros a incentivar o coidado e aproveitamento dos montes por parte dos seus propietarios

11/03/21 | 11:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luis López visita en Pontevedra a exposición colectiva 'Os roteiros da forma', que amosa as propostas máis contemporáneas da artesanía galega

A Fundación RAC, coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia, ten aberta esta mostra ata o 26 de marzo na capital provincial

11/03/21 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre este venres o prazo para solicitar as axudas de formación dos profesionais do sector do transporte por estrada que suporán un investimento de 400.000 euros

Estes incentivos da Xunta posibilitaron en 2020 a realización de 1.139 cursos nos que participaron 11.351 persoas
 

11/03/21 | 11:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego reinterpretan nove textos clásicos no ciclo anovador de ‘Clásicas desfeitas’

As tres creacións represéntanse os días 13, 14, 21 e 28 de marzo e englóbanse no marco das Residencias artísticas do Gaiás (REGA) 2021, impulsado pola Xunta

11/03/21 | 10:58 | C. de Economía e Industria

Conde avalía cos alcaldes da Gudiña, da Peroxa e de Riós novas oportunidades para o tecido empresarial destes concellos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana encontros cos tres rexidores

10/03/21 | 20:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web axega112.gal

10/03/21 | 18:55 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pagou as súas facturas en 21 días no ano 2020, seis días por debaixo do conxunto das comunidades autónomas

O período medio de pago da Comunidade galega tamén é case cinco días inferior ao rexistrado en decembro de 2019

10/03/21 | 18:51 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social integra a 40 persoas con discapacidade e necesidades de apoio nos ámbitos laboral e social no Centro de Formación Ocupacional do Saiar

Este servizo, que conta con xestión pública autonómica, foi visitado polo delegado territorial da Xunta, Luis López, quen destacou o seu labor “para favorecer a inserción global na sociedade deste colectivo vulnerable”

10/03/21 | 18:40

Galicia puxo a disposición do sector máis de dous millóns de euros para actuacións nos bancos marisqueiros e estuda medidas adicionais ante os últimos temporais

A Xunta subliña que é preciso ter unha avaliación completa do estado das distintas zonas marisqueiras e contar co informe detallado da situación que acheguen as confrarías para poder adoptar accións extraordinarias