Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/03/21 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre unha nova convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 dotada con 3M€

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto durante un mes a partir do luns e os proxectos deberán executarse antes do 15 de decembro de 2021

06/03/21 | 13:39

Rosa Quintana apela á unidade para reivindicar e visibilizar o papel feminino no mundo do mar

Sinalou que o Premio Muller Salgada é para todas as mulleres que deron un paso adiante por Galicia e que contribuíron a mellorar as condicións profesionais e socioeconómicas de todo o colectivo

06/03/21 | 13:24 | C. de Sanidade

Sanidade e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra realizarán un cribado poboacional intensivo en Cambados

Desde o vindeiro luns, día 8 de marzo, botará a andar nas farmacias do municipio pontevedrés un proceso que ten por obxectivo a detección de casos asintomáticos

06/03/21 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias avanza a licitación das obras de restauración da portada da igrexa de Santiago no Concello de Cangas

A delegada territorial en Vigo e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, visitaron o templo, no que a Xunta actuará este ano

06/03/21 | 13:07 | C. de Sanidade
06/03/21 | 13:01

Medio Ambiente trasládalle ao Concello das Somozas a posibilidade de especializar o seu polígono en actividades no eido dos residuos

O municipio ten a capacidade de albergar novos proxectos relacionados coa economía circular e a aplicación da tecnoloxía ao eido da xestión dos residuos, atraendo tamén fondos europeos

06/03/21 | 12:30

A Xunta e ‘Mulleres en Igualdade’ de Viveiro promoven unha ruta virtual pola vila en clave feminina

A asociación celebra o 8 de Marzo con actividades divulgativas para resaltar o papel tan relevante que tiveron as mulleres na historia da localidade, con nomes sobresaíntes nas letras, as artes, as ciencias e a educación

06/03/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Boiro a importancia económica do oficio tradicional da carpintería de ribeira

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou xunto coa xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, as instalacións do obradoiro artesanal Asteleiros Triñanes, especializado desde hai máis de 40 anos na construción naval en madeira

06/03/21 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza en distintas estradas das provincias de Ourense e de Lugo mentres proseguen as tarefas nas da Coruña e Pontevedra

Comezan as limpezas e rozas na OU-540, ao seu paso polos municipios de Ourense, Celanova, Verea, Bande, Lobeira e Lobios; e tamén na OU-121, no Barco de Valdeorras e A Veiga

06/03/21 | 12:16 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 3.952 casos activos por coronavirus

Un total de 107.299 pacientes xa están curados