Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/03/21 | 12:01

Medio Ambiente estudará vías de colaboración co concello de Val do Dubra en materia urbanística e de rehabilitación

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse por videoconferencia co rexedor José Manuel Varela para abordar varios proxectos de interese municipal

06/03/21 | 11:58

A Xunta reivindica o papel das mulleres na economía social a través dunha campaña en liña coa que se conmemora o 8-M

A terceira edición desta iniciativa, que se suma ao resto de actuacións impulsadas polo Goberno galego con motivo do Día Internacional da Muller, pode seguirse a través do hashtag #MulleresNaEconomíaSocial

06/03/21 | 11:53

A exposición ‘As primeiras xornalistas, elas escribiron a historia’ que homenaxea a mulleres precursoras que loitaron pola igualdade pode visitarse na Coruña ata o 5 de abril

A Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña acolle a exposición organizada pola Xunta de Galicia para render tributo a mulleres pioneiras do xornalismo

06/03/21 | 11:46 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza no aproveitamento dos drons para tarefas de loita contra os incendios forestais e de mellora do monte

O obxectivo é empregar estes vehículos para mellorar e modernizar o operativo e a súa eficacia en ámbitos como os tempos de reacción ou a organización do dispositivo

06/03/21 | 11:43

Galicia viviu un inverno con temperaturas normais e precipitacións que o converten no máis húmido das últimas dúas décadas

O avance do informe de MeteoGalicia revela que no período climatolóxico que foi de decembro de 2020 a febreiro de 2021 choveu un 76% por riba do habitual

06/03/21 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais na estrada OU-536 no núcleo urbano da Derrasa, no concello do Pereiro de Aguiar

Nas vindeiras semanas iniciaranse os traballos, contratados por un investimento de preto de 50.000 euros, que contan cun prazo de execución de 2 meses

06/03/21 | 11:32 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social mellora as capacidades laborais de máis de 200 persoas en situación ou risco de exclusión

Entre mediados de xaneiro e final de febreiro desenvolvéronse 27 accións formativas en diferentes concellos

06/03/21 | 11:19

Galicia e outras rexións da área atlántica debaterán a próxima semana sobre as oportunidades e ameazas da produción de berberecho

O martes 9, o mércores 10 e o venres 12 de marzo varios expertos exporán diferentes resultados do proxecto europeo Cockles na conferencia final da iniciativa, que se celebrará de xeito virtual

06/03/21 | 10:45 | C. de Política Social e Igualdade

Preto dun cento de estudantes de secundaria participan hoxe na fase clasificatoria da duodécima edición de Parlamento Xove

Esta primeira parte do torneo de debate dispútana 92 estudantes da ESO divididos en 23 equipos

05/03/21 | 18:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Banda da Loba homenaxea a Xela Arias cun novo videoclip no marco da programación das Letras Galegas da Xunta de Galicia

A formación feminina lanza hoxe a peza 'Intempériome', coa colaboración da Consellería de Cultura, nas vésperas do 8M e con motivo do 59º aniversario do nacemento da autora á que a RAG lle dedica o 17 de maio