Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta publica hoxe a declaración da Área de Rehabilitación Integral de Castro de Rei, que abarca 13 hectáreas e 88 inmobles
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que os veciños e veciñas poderán beneficiarse de achegas de ata 24.000 euros para rehabilitar as súas vivendas
A Xunta entrega ao concello de Pontedeume as obras de modernización da potabilizadora municipal nas que investiu 1,5 M€
Esta actuación permite garantir o abastecemento ao municipio e a calidade da auga que abastece á poboación
A Xunta licita por 702.000 € as obras de reparación e posta en valor da Ponte Nafonso na estrada autonómica AC-196 en Noia
O delegado da Xunta na Coruña salientou que se trata dunha actuación integral na ponte para mellorar a súa seguridade e para garantir a súa conservación
Conde avalía co alcalde de Val do Dubra medidas para impulsar a actividade industrial e empresarial do concello
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co rexidor de Val do Dubra, José Manuel Varela
A Xunta adxudica os traballos de limpeza e conservación da ponte da estrada autonómica OU-536 no Concello de Xunqueira de Espadanedo
Esta actuación, que comezará nas vindeiras semanas, ten un prazo de execución dun mes e suporá un investimento de preto de 42.000 euros
A Biblioteca de Galicia celebra o seu décimo aniversario cunha programación que inclúe homenaxes a Pardo Bazán e Xela Arias
O secretario xeral de Cultura da Xunta presentou as actividades con mostras, encontros con escritores e xornadas que se desenvolverán desde este mes de marzo
A Xunta inxecta máis de 12M€ en investimentos e subvencións para empresas e emprego nas bisbarras de Pontevedra e Caldas nos últimos cinco meses
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, mantivo unha reunión de traballo coa directiva de AJE para informarlles dos apoios do Goberno galego e das liñas de axudas que teñen abertas as consellerías de Economía, Empresa e Innovación e de Emprego e Igualdade
A Xunta ratifica o seu compromiso cunha Galicia Verde no Día Mundial da Eficiencia Enerxética
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá a instalación fotovoltaica do complexo administrativo de San Lázaro
Feijóo avalía as sete primeiras iniciativas vinculadas ao futuro da cadea agro-mar-industria que aspiran a captar 550 millóns dos fondos europeos Next Generation e a crear 1.000 novos empregos
Subliña a importancia de desenvolver proxectos que integren ás pemes para completar toda a cadea de valor, e que a maioría das propostas teñan a oportunidade de desenvolverse a través da colaboración con outras Comunidades Autónomas
O Servizo Galego de Saúde xestiona 370 citas médicas e xera 600 receitas cada minuto
Galicia conta cun dos servizos de saúde con maior nivel de dixitalización de Europa con logros como a monitoración do paciente no seu domicilio, a teleconsulta hospitalaria ou a consulta telefónica