Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta abre o proceso de participación cidadá na elaboración do Plan Integral para a Danza de Galicia
A través da web da Agadic activouse un formulario no que se poderán realizar achegas nun prazo de 20 días naturais
O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras de humanización das rúas Travesía Estrada de Entoma e Francisco Neira en Sobradelo
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste nestas obras 89.782,00 euros
Máis de 16 comercios da área de Bergantiños-Costa da Morte avanzan na innovación e a dixitalización con apoios da Xunta por máis de 130.000€
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou en Carballo Deportes San Remo, un dos negocios beneficiados do programa cunha achega de máis de 12.000 euros
Xunta e TSXG consensúan a proposta de creación de tres unidades xudiciais correspondentes a 2021
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Xustiza
A Xunta mellorará a área recreativa de Ponte Aranga no marco da zona de especial conservación do Betanzos-Mandeo
Os traballos -que contarán cunha subvención de 40.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural- incidirán na humanización dunha contorna declarada tamén como zona de especial protección polos seus valores naturais
A Xunta impulsa a Formación Profesional na área da Coruña coa creación do novo CIFP Universidade Laboral, que reforza a oferta formativa, as prazas dispoñibles e a dotación de profesorado
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que a especialización deste centro de Culleredo enmárcase na aposta do Goberno galego polas ensinanzas de FP como referente de innovación e empregabilidade
Ángeles Vázquez anima ao Concello a tramitar a declaración dunha Área Rexurbe para avanzar na recuperación do patrimonio edificatorio de Betanzos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda trasladou o apoio e colaboración do Instituto Galego de Vivenda e Solo para iniciar as xestións necesarias e sumarse ao listado de concellos que xa contan cunha Área Rexurbe, como Mondoñedo, A Coruña e Ribadavia, ou que decidiron solicitala, como é o caso de Tui
Feijóo constata os avances na primeira fase da autovía Nadela-Sarria, na que a Xunta está a investir máis de 25 millóns, para poñela en servizo a partir do outono do vindeiro ano
Afirma que ao tempo que se avanza no desdobramento, este mesmo ano, licitarase xa a redacción do proxecto para completar integramente a Autovía de Sarria ata Nadela