Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/02/21 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello da Peroxa colaboran para potenciar a raza rubia galega e para a mellora de camiños municipais

O conselleiro lembrou que a comezos de ano se publicou unha nova orde de axudas para o fomento das razas autóctonas de Galicia, cun orzamento total de 200.000 euros

28/02/21 | 10:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta do sector audiovisual galego por impulsar a súa transformación dixital a través dun proxecto co que agarda captar fondos europeos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse con representantes do Clúster Audiovisual que lle presentaron a iniciativa ‘Spain Audiovisual Hub-Nodo Galicia’

28/02/21 | 10:36

Xunta e Cemma renovan a súa colaboración para garantir a asistencia a réptiles e mamíferos mariños varados na costa galega

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma) veñen de asinar un novo convenio para o desenvolvemento de accións conxuntas para o coidado, recuperación e estudo destes animais, algúns pertencentes a especies en réxime de especial protección

28/02/21 | 09:56

A Xunta convocará o programa 'Responsabilízate' que incluirá nesta edición asesoramento ás pemes para a implantación de medidas de igualdade

A iniciativa, que xa ofrecía mentorización ás pequenas e medianas empresas sobre Responsabilidade Social Empresarial (RSE), favorecerá a aplicación de medidas que promovan a igualdade e impulsen o talento feminino

28/02/21 | 09:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega inicia este luns o curso de formación preparatorio para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Xunta

As 180 persoas matriculadas nesta convocatoria terán que superar un exame presencial, tras o seguimento do curso preparatorio na modalidade de teleformación titorizada

28/02/21 | 09:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta intensifica a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas estradas autonómicas da provincia de Ourense mentres seguen os labores nas de Lugo, A Coruña e Pontevedra

Actuarase na OU-105 e na OU-525, na entorna da cidade das Burgas; na OU-531 en Xinzo de Limia e Cortegada; e na OU-801, entre Ribadavia e Ponte Barxas

27/02/21 | 15:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 50 denuncias no marco do Plan de hostalería segura da Xunta

Os axentes controlan que os establecementos hostaleiros respectan o aforo sanitario permitido, os horarios de apertura e peche, así como as medidas de prevención ante a covid-19 por parte de empregados e clientes como a distancia de seguridade e o uso obrigatorio da máscara

27/02/21 | 12:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá preto de 650.000 € para garantir a conservación e autenticidade do Camiño Real á fortaleza de Monterrei

Román Rodríguez avanzou que os traballos que se licitarán nas vindeiras semanas van incrementar e reforzar o interese patrimonial deste espazo medieval

27/02/21 | 12:04 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.900 casos activos por coronavirus

Un total de 104.207 pacientes xa están curados