Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta enxalza o labor do Porto de Vigo no impulso do sector marítimo-pesqueiro galego coa súa estratexia de crecemento azul
A Autoridade Portuaria de Vigo promove preto dunha vintena de iniciativas vencelladas con este eido, cun orzamento de case 30 millóns de euros, dentro dun plan que suma 48 proxectos e case 300 millóns de investimento
A Xunta destina máis de 1,3 millóns á Federación de Persoas Xordas para facilitar a comunicación e avanzar cara á accesibilidade universal
Realizan iniciativas de comunicación accesible para traducir a lingua de signos as medidas máis importantes do DOG, como por exemplo, as relativas á covid-19
Galicia rexistra un total de 5.207 casos activos por coronavirus
Un total de 105.194 pacientes xa están curados
A Xunta publica as guías de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para oito aldeas modelo situadas nas provincias de Lugo e de Ourense
Trátase das aldeas de Moreda (Folgoso do Courel), Xacebáns (Quintela de Leirado), Infesta (Monterrei), Muimenta (Carballeda de Avia), Penedo (Boborás), Trelle (Toén), Reboredo (O Pereiro de Aguiar) e Meixide (A Veiga)
A Xunta formaliza a adxudicación dunha parcela de máis de 2.500 metros cadrados na Plisan ao grupo tecnolóxico Arbinova
Esta empresa foi unha das tres adxudicatarias da poxa pública convocada polo IGVS en 2019 para sacar ao mercado solo nesta gran área empresarial
A Xunta adxudica por preto de 122 millóns de euros a execución das obras da primeira fase do hospital público Gran Montecelo de Pontevedra
Os traballos prevén o seu inicio en maio e contan cun prazo de execución de 42 meses
A Xunta entregará o 8 de Marzo as Medallas Emilia Pardo Bazán a Megumi Shiozawa, á Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense e á Rede Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo
O Goberno galego solicita realizar o acto de entrega no Pazo de Meirás, polo seu simbolismo
O prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso abre este luns ata o 22 de marzo
Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como aos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexen cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles
A Xunta recibiu máis de 5.700 denuncias de concellos para colaborar na tramitación de sancións relacionadas coa covid-19 en ámbitos da súa competencia
Esta colaboración enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp ao que se adheriron 176 concellos, máis da metade dos municipios galegos
A Xunta e o Concello da Peroxa colaboran para potenciar a raza rubia galega e para a mellora de camiños municipais
O conselleiro lembrou que a comezos de ano se publicou unha nova orde de axudas para o fomento das razas autóctonas de Galicia, cun orzamento total de 200.000 euros