Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/02/21 | 17:27

A Xunta salienta o papel dos xestores administrativos no apoio que prestan e empresarios e autónomos

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero, mantiveron hoxe un encontro por videoconferencia

25/02/21 | 17:10

Portos de Galicia compromete un investimento de 450.000 euros neste ano para o Porto de Muxía

O ente público ten en execución as obras de repavimentación do bordo portuario e en licitación a instalación de defensas e a reparación da lonxa

25/02/21 | 16:52 | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza o esforzo de toda a comunidade educativa para adaptarse ao contexto da pandemia, apoiar ao alumnado e conseguir que o novo escenario non afecte á calidade da ensinanza

Destaca tamén o compromiso da Xunta con este obxectivo: reforzando o sistema en recursos humanos, coa contratación de 2.300 profesores máis; e con recursos económicos, inxectando máis de 160 millóns para atender ás necesidades xeradas pola covid

25/02/21 | 16:39

As catro rexións ao norte do Douro solicitan unha Conferencia Sectorial de Medio Ambiente extraordinaria para o debate sobre a inclusión do lobo no Lesrpe como único punto na orde do día

Os conselleiros de Medio Ambiente de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León envían unha instancia ao Ministerio para a Transición Ecolóxica na que recordan que este órgano pode reunirse de xeito extraordinario para tratar asuntos urxentes e a proposta de inclusión do lobo no Lesrpe é unha problemática de especial transcendencia

25/02/21 | 16:25 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia porá en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade, que contará cun investimento de 20 M€

Feijóo subliña que contemplará medidas en dous grandes ámbitos para impulsar a transformación dixital e o consumo nas tendas con bonos desconto

25/02/21 | 16:22 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
25/02/21 | 16:20 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Galicia freará o crecemento de novas superficies dedicadas ao eucalipto no seu obxectivo de acadar un Monte Galego 2040 diversificado

Feijóo fai fincapé en que “é unha decisión pensada, meditada e contrastada, coa maior parte do sector a favor e que facemos por responsabilidade”

25/02/21 | 16:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba a Área de Transporte de Galicia para estender as vantaxes do transporte metropolitano ao conxunto da Comunidade e a todos os usuarios

Destaca que con esta iniciativa, os galegos disporán dunha tarifa única, co mesmo prezo por quilómetro