Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/02/21 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle ao Concello de Avión o convenio de colaboración para impulsar a mellora do saneamento nos núcleos do Sifón e San Vicenzo, cun investimento de 185.000 euros

As actuacións propostas pola Xunta, cun prazo de execución de 4 meses, atenden á necesidade de resolver as deficiencias da rede de saneamento nestes dous núcleos

24/02/21 | 13:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta ratifica o seu compromiso coas enerxías limpas coa renovación da Estratexia da biomasa durante o período 2021-2025

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no CIS Madeira, en San Cibrao das Viñas, no acto de constitución do Clúster da Biomasa

24/02/21 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a transformación dixital como motor de competitividade das pemes de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no terceiro encontro dixital Tecnoloxías facilitadoras da Industria 4.0 organizado en colaboración coa Confederación de Empresarios desas comarcas coruñesas

24/02/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Comisión Europea abordan os retos demográficos da UE nos encontros virtuais da Fundación Galicia Europa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na segunda reunión do ciclo de encontros virtuais “FGE Next Generation Galicia” da Fundación Galicia Europa

24/02/21 | 13:02 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue achégase esta semana a máis de 40 concellos galegos co obxectivo de obter entre 400 e 500 doazóns diarias

O xerente do Sergas, Jose Flores Arias, doou hoxe na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que visitou os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro

24/02/21 | 13:00

Ángeles Vázquez anima aos concellos a implicarse para lograr os obxectivos das novas Directrices da Paisaxe de Galicia

Tras a entrada en vigor desta nova ferramenta paisaxística, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incide en que a súa aplicación será clave para compatibilizar a protección do patrimonio natural co desenvolvemento económico

24/02/21 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a licitación a vindeira semana dunha nova promoción do Consorcio Casco Vello de Vigo en Subida ao Castelo 9

A presidenta do organismo e delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe xunto ao arquitecto da obra este inmoble do que obterán dúas novas vivendas

24/02/21 | 12:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reafirma o compromiso de mellora educativa en Arteixo coa construción dun novo CEIP e a ampliación do IES de Pastoriza

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o alcalde, Carlos Calvelo, analizaron as distintas propostas que o Goberno galego vai implementar nos próximos anos neste concello, cun investimento previsto de máis de 4M€

24/02/21 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca a proba para que os maiores de 20 anos obteñan o título de Bacharelato

O prazo de inscrición estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021

24/02/21 | 12:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca a terceira edición do programa Ignicia para levar ao mercado os resultados da investigación galega

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presentou a convocatoria para apoiar a comercialización dos resultados da investigación xerada polos centros de coñecemento galegos, activa ata o 22 de marzo