Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 7.292 casos activos por coronavirus
Un total de 101.975 pacientes xa están curados
A Xunta convoca máis dun milleiro de prazas do Plan de formación continua do primeiro semestre para as forzas de seguridade
Inclúe un total de 32 cursos que suman máis dun milleiro de horas e van destinados a persoal da Policía Local e tamén a profesionais da Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil que traballan en Galicia
O Sergas publica a relación dos aspirantes seleccionados no concurso oposición de once categorías de persoal estatutario
Resultaron seleccionados un total de 1.492 profesionais que, en breve, se incorporarán ao cadro de persoal fixo do Sistema Público de Saúde de Galicia
A Xunta adapta os servizos de transporte para favorecer a mobilidade dos traballadores e estudantes na área de Ferrol e nas conexións coa Coruña que estarán operativos desde mañá
Este xoves entran en funcionamento adaptacións de horarios e paradas dos servizos destinados a traballadores e funcionarios que se desprazan á Coruña, de xeito coordinado co transporte urbano da cidade para chegar aos centros de traballo
A Xunta traslada os avances realizados en Galicia na Historia Social Única Electrónica ao Goberno da Comunidade de Madrid
Este sistema integra todos os datos relativos á atención social, o que facilita a coordinación entre todos os axentes que participan na súa xestión
Feijóo anima a preservar a obra e os valores de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal e “símbolo da Galicia que somos”
“Galicia é rosaliana porque Rosalía fíxonos tomar conciencia da nosa terra, da importancia do noso pobo e da relevancia de ter unha cultura e unha fala de noso. A súa obra foi a semente do bosque vizoso que é a nosa lingua”, salienta
Máis de 7.000 aspirantes examinaranse o 27 e 28 de marzo para 476 prazas de educadores, auxiliares de enfermería e categorías administrativas
As probas realizaranse simultaneamente en tres sedes distintas: o recinto feiral de Silleda, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e o recinto da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense
Medio Ambiente traslada aos concellos galegos a postura da Xunta sobre a inclusión do lobo no Lesrpe
Ángeles Vázquez recordou ás administracións locais que ata o 26 de febreiro poden presentar alegacións á consulta pública sobre a modificación do real Decreto que pretende aprobar o Executivo central
O Sergas porá en marcha unidades multidisciplinares de seguimento de pacientes covid
Estarán formadas por especialistas en medicina interna e pneumoloxía, así como profesionais de atención primaria e persoal de enfermería
Conde defende o proxecto de Roche e Fidis como exemplo de que as unidades mixtas actúan como foco de atracción e retención do mellor talento investigador
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde na mesa redonda ‘Colaboración
público-privada en investigación en saúde: Unidades Mixtas como modelo de éxito’