Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/02/21 | 12:25

A Xunta aproba o proxecto para desenvolver as conexións e zonas comúns que vertebrarán o futuro Campus do Mar en Vigo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coa aprobación definitiva do chamado PS-1 nos terreos da antiga ETEA, unha superficie de 20.000 metros cadrados reservados para espazos libres, zonas verdes e o sistema viario

23/02/21 | 12:23 | C. de Economía e Industria

Galicia aspira a que os seus hubs de innovación dixital reciban o recoñecemento da Unión Europea

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, indicou durante unha xornada con motivo da Semana Europea da Industria que as iniciativas impulsadas por Ceaga e Bioga servirán para apoiar a transformación dixital das pemes galegas

23/02/21 | 11:46

A actitude, a interacción con compañeiros e clientes ou a capacidade de resolver problemas, habilidades cada vez máis demandadas polo mercado de traballo

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, presentou hoxe nunha webinar a ‘Guía de habilidades’ e puxo en valor a formación para o emprego en capacidades non técnicas polo valor engadido que aportan aos proxectos

23/02/21 | 10:17

A Xunta publica hoxe a convocatoria específica de axudas do 2º Plan de rescate dirixidas a negocios hostaleiros e outras actividades pechadas pola covid-19

Co anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) queda activado integramente o 2º Plan de rescate da Xunta que mobilizará 75 millóns de euros

22/02/21 | 18:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Ribeira asinan un convenio de colaboración para a implantación de bonificacións nas viaxes en autobús dentro do municipio

Aplicaranse a todos os veciños usuarios da tarxeta TMG e Xente Nova un desconto de 50 céntimos nas viaxes internas no municipio de Ribeira, quedando o prezo do billete en 85 céntimos

22/02/21 | 18:16 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia novos pasos en ámbitos da hostalería, a mobilidade e as reunións de non conviventes de cara a unha desescalada gradual, paulatina e baseada na evolución epidemiolóxica de cada territorio

Incide en que as medidas non serán homoxéneas en toda a Comunidade, “senón que haberá varios niveis que se irán aplicando segundo a situación pandémica e hospitalaria de cada ámbito xeográfico

22/02/21 | 17:43 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que en marzo se convocarán as ordes de axuda para poñer en marcha proxectos de voluntariado xuvenil e sénior este ano

En 2020 un total de 48 entidades de acción voluntaria e 36 administracións locais recibiron financiación para impulsar os seus proxectos

22/02/21 | 17:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 4000 rapaces de dez centros de ensino comenzan o reto de falar en galego da man de '21 Días co Galego e +'

Como novidade, esta iniciativa de dinamización lingüística da Xunta para impulsar o uso do galego entre os máis novos amplíase como experiencia piloto á etapa de Primaria