Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Couso no concello de Pontevedra
Augas de Galicia está a levar a cabo a actuación nun tramo deste río ao seu paso polo lugar do Couso, na parroquia de Xeve
A Secretaría Xeral para o Deporte financia con 26.000 euros a actividade da Federación Galega de Espeleoloxía durante o 2021
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o Centro Español de Documentación Espeleolóxica, situado en Mondoñedo
A Xunta traslada ao comercio galego a súa vontade de consensuar medidas inmediatas que incentiven o consumo e impulsen a súa dixitalización
O obxectivo do Goberno galego é seguir ofrecendo o máximo respaldo ao comercio galego nun momento de tantas dificultades
A Xunta convoca a quinta edición do programa Medrando Xuntas para impulsar o talento feminino na economía social
As mulleres interesadas en participar nesta iniciativa, que inclúe formación para directivas, socias e traballadoras, poden matricularse xa na páxina web da Rede Eusumo
Máis dun centenar de universitarios galegos do exterior iniciaron xa o proceso de solicitude dunha bolsa BEME Máster
Esta nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración, que ten coma obxectivo que os expediente de alta cualificación poidan cursar un mestrado nunha das tres universidades galegas, estará aberta ata o 30 de abril
A Xunta implanta unha nova aplicación móbil para a xestión dos lumes forestais sobre o territorio en tempo real
Todos os axentes e técnicos contan con tablets que lles permitirán acceder aos lumes en tempo real dende o propio territorio
A Xunta e o Concello de Carballeda de Valdeorras colaborarán na mobilización de terras e no fomento da xestión profesionalizada dos montes veciñais
José González visitará proximamente o concello para avaliar un proxecto de mobilización de terras en terreos de propiedade municipal mediante a plantación de castiñeiro ou oliveiras
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Samo, ao seu paso polo concello de Oroso
Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo deste río no seu percorrido polo lugar de Arderís, na parroquia de Senra
Conde destaca que os Premios Paraugas amosan o valor do deseño e as novas tecnoloxías como ferramentas para incrementar a competitividade das pemes
Salienta a necesidade de impulsar a dixitalización e a vertente máis industrial do deseño para diferenciar o carácter innovador do tecido empresarial galego
A Xunta agarda acadar nas próximas semanas un acordo cos comuneiros para poder reabrir a base antiincendios do Xurés
Manuel Rodríguez sinalou que a Consellería do Medio Rural mantén “a man tendida” nesta negociación e valorou os beneficios desta instalación tanto para os propios veciños como para a protección do Parque Natural fronte o lume