Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aproba o proxecto da estación de autobuses da intermodal da Coruña cun investimento global de 27,4 M€
Feijóo salienta que así culmina a tramitación urbanística do proxecto, que levará aparellados 500 postos de traballo durante a súa execución material
A Xunta destina 2,3 M€ para adquirir tomógrafos, ventiladores e equipos de radioloxía para loitar contra a covid nos hospitais públicos galegos
Feijóo sinala que se trata 31 ventiladores non invasivos, 16 equipos de radioloxía portátil e 7 tomógrafos de impedancia eléctrica
Feijóo destaca a aprobación do segundo Plan de rescate e avanza que un negocio que se beneficie da primeira e da segunda convocatoria poderá acadar axudas de ata 24.200 euros
Destaca que este segundo plan conta cun orzamento de 75 millóns de euros e está dirixido a persoas traballadoras autónomas, microempresas, hostalería e outras actividades pechadas desde xaneiro
Trenor destaca o traballo de Alar Galicia para axudar ás persoas con maiores dificultades como os menores, as mulleres, os inmigrantes ou os parados de longa duración
O delegado da Xunta achegouse aos proxectos desta entidade, que contan co apoio do Goberno autonómico
A Xunta aborda con Andalucía, Estremadura e Castela e León proxectos conxuntos para o impulso da Vía da Prata
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, abordou con representantes turísticos destas comunidades propostas para fomentar este itinerario de cara a celebración deste Xacobeo
A Xunta impulsa no Salnés a novena edición do Programa Integrado de Emprego para mellorar as oportunidades laborais de 100 persoas
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou hoxe en Vilagarcía de Arousa na presentación da iniciativa que organiza a Mancomunidade do Salnés e apoia a Consellería de Emprego e Igualdade con 250.000 euros
A Xunta pon en valor o papel fundamental da muller na ciencia e destaca a importancia de dar visibilidade ao seu labor
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe o Pleno da Unidade Muller e Ciencia no que se puxo de manifesto, con motivo do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a importancia de dar visibilidade ao papel das científicas galegas
Máis do 96% do alumnado que se examina en Galicia do DELF escolar obtén o certificado, 8 puntos máis ca media española
Galicia é a cuarta comunidade en número de alumnos que se examinan destas probas, no marco do Convenio de colaboración coa Embaixada de Francia
A Xunta sortea entre os seus adxudicatarios as dúas novas vivendas rehabilitadas no barrio dos Muíños de Mondoñedo
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que son froito das obras de rehabilitación dun edificio, ás que o IGVS destinou preto de 400.000 euros