Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/02/21 | 18:16 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade anuncia a licitación da reforma da UCI de adultos do Hospital Clínico de Santiago na que a Xunta investirá 1,2 millóns de euros

O Goberno galego ten incluída, nos presupostos da Xunta do presente ano, unha partida de 10 millóns de euros para diversas melloras no hospital santiagués, entre as que están reforma da unidade de Ictus e farmacia, a incorporación dun novo equipamento para pacientes de párkinson, e a reforma da UCI

10/02/21 | 18:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez afirma que a Xunta traballa en solucións para dar o mellor transporte escolar ao Courel

O conselleiro de Educación lanza unha mensaxe de tranquilidade ás familias e reitera o “absoluto apoio” do Goberno galego ao ensino no rural

10/02/21 | 17:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pide a convocatoria urxente da comisión sobre a AP-9 para abordar as bonificacións das peaxes e avanzar no diálogo para a transferencia da autoestrada a Galicia

Destaca que o traspaso da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade permitiría unha xestión máis directa, eficaz e máis xusta para os galegos

10/02/21 | 17:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta reitera o seu ofrecemento ao Goberno para colaborar nos problemas industriais provocados en Galicia pola falta dunha transición enerxética xusta

Conde lembra que, no caso concreto da central das Pontes, a Xunta segue apoiando o uso de biocombustibles para que sexa viable economicamente

10/02/21 | 17:18

Medio Ambiente e o Concello de Quiroga analizan posibles vías de colaboración para mellorar servizos básicos no municipio

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse co rexedor Julio Álvarez para abordar varios proxectos municipais relacionados con áreas da súa competencia

10/02/21 | 16:56 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta salienta o respaldo que a Lei de impulso demográfico supón para o retorno como piar da atracción de nova poboación a Galicia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, valoraron positivamente a efectividade das medidas da Estratexia Retorna orientadas á integración das familias galegas que regresan á comunidade

10/02/21 | 16:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta urxe ao Goberno central cubrir as prazas vacantes e completar canto antes o cadro de persoal da Policía Autonómica

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou hoxe no Parlamento galego que a plantilla se atopa ao 80% pese ao aumento de competencias para loitar contra a covid-19 e reforzar a seguridade no Xacobeo

10/02/21 | 15:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta o horario dos autobuses entre Noia e Ribeira para reducir as esperas dos estudantes á saída dos institutos

Este venres 12 farase efectivo o cambio polo que o autobús adiantará a súa saída de Noia ás 15:05 horas, unha vez cumprido o prazo establecido dunha semana desde a autorización

10/02/21 | 14:55

O Instituto de Estudos do Territorio inicia unha rolda de contactos cos concellos para informarlles da aplicación das Directrices da Paisaxe

Con esta nova normativa, que entrará en vigor o vindeiro 20 de febreiro, a Xunta quere afianzar a posición de Galicia en materia de paisaxe

10/02/21 | 14:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia un novo modelo de apoio á actividade continuada das compañías escénicas con proxectos plurianuais

Chévere e Talía Teatro son as primeiras beneficiarias dunha nova modalidade de axudas de carácter trianual, creada dentro da liña de subvencións á actividade escénica para favorecer o traballo a medio prazo e con equipos estables de formacións xa consolidadas