Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta achegou máis de medio millón de euros a 18 proxectos promovidos polo sector pesqueiro da Mariña nos últimos meses
O delegado territorial, Javier Arias, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, mantiveron unha xuntanza con representantes do GALP A Mariña-Ortegal, que xestiona estas axudas da Consellería do Mar
Ethel Vázquez avanza un investimento da Xunta de 2,6 M€ para reducir o risco de inundacións nos ríos Zamáns e Miñor en Gondomar
Trátase dun conxunto de actuacións para mellorar a drenaxe na confluencia destes ríos no municipio, recollidas no convenio remitido a semana pasada ao Concello
Galicia pide ao Goberno do Estado que conte coas CCAA no deseño dos fondos europeos para a educación, con criterios de reparto xustos e sostibles a medio prazo
Román Rodríguez ofreceu toda a colaboración para implementar as accións estratéxicas pechadas desde Madrid, pero reclama “unha verdadeira cogobernanza” e flexibilidade de acordo coas especificidades de cada territorio
A Xunta solicítalle ao Ministerio de Transportes a reapertura da circulación pola vía da emerxencia no túnel do Folgoso da A-52 na Cañiza para paliar o impacto económico e social do peche
Este corte, motivado polo incendio dun camión, obriga aos usuarios a desviarse 23 quilómetros pola N-120, cun só carril por sentido e tránsito polo casco urbano
Sanidade confirma a tendencia descendente da incidencia do coronavirus en Galicia
As medidas establecidas polo comité clínico comezan a incidir na baixada sostida de casos activos pero aínda non se reflicte na diminución da presión hospitalaria
A Xunta destaca os avances na obra de rehabilitación da nova Cidade da Xustiza en Vigo que xa está executada ao 87%
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron hoxe a obra xunto co presidente do TSXG, José María Díaz y Castroverde e representantes do sector xudicial
Medio Ambiente axita a conciencia social dos galegos coa campaña 'Únete ao reto' para premiar aos concellos que incrementen as súas taxas de reciclaxe
Un total de 15 municipios galegos que suman case 450.000 habitantes participan na segunda edición desta iniciativa que ten por co obxectivo aumentar nun 10% as cifras de recuperación de envases de plástico, latas e bricks depositadas no contedor amarelo e que foi suspendida pola declaración do estado de alarma
O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no comité asesor da 9ª edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade
O comité asesor confirmou que Ourense Vinis Terrae celebrarase o 14 e 15 de xuño de 2021 en formato híbrido
A Xunta suma o apoio das entidades gandeiras de razas autóctonas para evitar que o estado aumente a protección actual do lobo
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, reuniuse esta mañá con representantes dalgunhas das asociacións representativas do sector en Galicia para explicarlles a situación e os próximos pasos a dar fronte á decisión de incluír o lobo no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras do Plan de infraestruturas rurais no concello de Esgos
Gabriel Alén desprazouse ao camiño de acceso ao núcleo rural de Gomariz, no que están proxectadas unha serie de actuacións de alargamento e mellora da capa de rodaxe, nas que a Consellería do Medio Rural -a través do Plan de Infraestruturas Rurais- vai investir preto de 43.000 euros