Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Sanidade ultima a creación do Rexistro galego de cancro infantil
Con motivo do Día internacional do cancro infantil, o Sergas informa que en 2019 rexistráronse máis de 740 ingresos de menores de 14 anos nos hospitais públicos galegos, para tratarse desta doenza
O 061 de Galicia asistiu a 26 persoas por 24 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 12 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 14 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 32 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña
Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org
A Xunta contará cunha rede de telecomunicacións sen precedentes que permitirá dar resposta a todas as esixencias dunha administración integramente dixital
Todos os centros contarán con conexión por fibra óptica con velocidades simétricas de 1 Gbs, independentemente da súa localización rural ou urbana
A Xunta remata a vacinación do colectivo prioritario, as residencias de maiores e de persoas con discapacidade
Os usuarios e traballadores de centros que tiveron gromos serán vacinados tan pronto se normalice a súa situación
A Xunta inicia a vindeira semana tarefas de roza e limpeza en varias estradas autonómicas da provincia de Ourense e de Lugo
Comezarán os traballos na OU-114 en Caldeliñas e Campo Becerros; e na OU-636 entre A Pobra de Trives e Freixido; ao tempo que continuarán as tarefas na OU-112 en Laza e Cerdedelo
A Xunta incrementa un 11% os fondos para apoiar á actividade dos arquivos da Comunidade cun investimento de 800.000 €
Destinarase a mellorar infraestruturas tanto autonómicas como locais e de asociacións sen ánimo de lucro e a prolongar as bolsas de formación
Mañá comeza o prazo de matrícula para os exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente
As probas realizaranse en abril e maio no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
A Xunta informa aos sectores da xeotermia, pizarra, granito e auga mineral e termal de que a Lei de reactivación suporá un cambio na cultura administrativa
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, mantivo esta semana reunións cos clusters para trasladarlles as novidades que incorpora o novo marco lexislativo que se está tramitando no Parlamento galego