Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/02/21 | 12:34

Medio Ambiente presenta 10 proxectos en materia de biodiversidade para optar a un máximo de 122 M€ dos fondos Next Generation

A conselleira Ángeles Vázquez explicou esta mañá o contido e os obxectivos das iniciativas que o seu departamento aspira a desenvolver nos próximos tres anos grazas ao investimento mobilizado pola UE para facilitar a recuperación económica

16/02/21 | 12:28

Galicia pon á disposición do marisqueo máis de 2 millóns de euros para proxectos de mellora das zonas de produción e para a protección dos ecosistemas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as ordes de axudas para iniciativas que contribúan a mellorar a produción dos bancos marisqueiros mediante accións como sementeiras e que poden empregarse para paliar os efectos de episodios como os derivados dos últimos temporais

16/02/21 | 12:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 400.000 euros a 41 proxectos de embelecemento da contorna das rutas xacobeas na provincia de Lugo

Esta liña de axudas permite subvencionar actuacións propostas por entidades locais ou particulares para mellorar a imaxe e a paisaxe do Camiño de Santiago

16/02/21 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que a Semana Santa de Ferrol 'estreará' en 2022 dous dos seus templos cun investimento de case 400.000 €

A Xunta reforza a conservación do patrimonio da cidade con dous agardados proxectos nas igrexas de Dores e Angustias que comezarán de inmediato

16/02/21 | 11:47 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 12.464 casos activos por coronavirus

Un total de 94.400 pacientes xa están curados

16/02/21 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 15 ofertas para a redacción do proxecto construtivo de mellora do funcionamento hidráulico do río Maior en Sada por preto de 70.000 euros

Este contrato é o primeiro paso previsto no convenio de colaboración asinado co Concello para actuar no tramo final do río e minimizar o risco de inundacións no núcleo urbano, que recolle un investimento global de 1,57 M€

16/02/21 | 11:11 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda anuncia o desenvolvemento dun novo obradoiro de lingua e cultura galega dentro da Aula GaliciaAberta

O secretario xeral da Emigración adiantou a través dunha videoconferencia emitida en directo a través do Facebook live de GaliciaAberta que a nova proposta comezará a emitirse o próximo xoves, día 18

16/02/21 | 10:41 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Portomarín colaboran para a mobilización de terras abandonadas e para a mellora de camiños municipais

O conselleiro do Medio Rural e o alcalde reuníronse para analizar as necesidades e demandas dos veciños deste municipio lucense

16/02/21 | 10:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre o prazo de inscrición da edición do programa 'TecEuropa' destinada a entidades locais

A Fundación Galicia Europa convoca unha nova edición do curso de especialización en financiamento comunitario, que se desenvolverá de xeito virtual en cinco sesións entre o 4 e o 12 de marzo

16/02/21 | 10:31 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 4 M€ ás axudas para a prevención dos danos causados por incendios, desastres naturais e catástrofes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria de achegas bianual que xestiona a Consellería do Medio Rural