Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/02/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a atención á muller e as accións de prevención da violencia de xénero, conciliación e sensibilización en igualdade na área territorial de Pontevedra

A Secretaría Xeral da Igualdade destina máis de 1,1 M€ ao sostemento de 17 CIM que atenden a 27 concellos e ao despregamento de 46 programas de equidade e loita contra a violencia machista

16/02/21 | 13:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta ao Goberno central unha trintena de proxectos do ámbito social para captar 164 M€ de fondos europeos

O 60% dos fondos destinaranse á creación de novos centros de servizos sociais e a reformar e adaptar os existentes

16/02/21 | 13:48 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta promove a formación de profesionais que traballan en contacto directo coas vítimas de violencia de xénero

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinaron hoxe un acordo para promover a formación en atención ás vítimas da violencia de xénero a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

16/02/21 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta elevará a máis de 2 M € o investimento na rehabilitación do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda co inicio da súa segunda fase

Román Rodríguez salienta a actuación como un compromiso cun centro histórico de referencia que sabe adaptarse e incorporar os programas educativos máis novidosos

16/02/21 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de case 700.000 euros na senda de Alba en Pontevedra que permite facer máis humana e segura a PO-225 para veciños e peregrinos

O itinerario mellora a mobilidade dos condutores que van cara ás naves industriais e a seguridade dos peóns neste treito de vía coincidente co Camiño Portugués

16/02/21 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na posta en marcha dunha nova sede do Imelga en Santiago que contará cunhas instalacións onde prima a seguridade coas salas de autopsias de bioseguridade BSL3

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a parcela cedida polo Concello de Santiago que acollerá o novo edificio. A previsión é que o proxecto estea redactado este ano e as obras comecen en 2022

16/02/21 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida ao público a un percorrido musical polo Camiño de Santiago en dous concertos didácticos en liña desde o Gaiás

Os músicos e artesáns Rosa Sánchez e Pablo Carpintero afondarán nas variantes das gaitas de fol, mentres que a soprano Esperanza Mara propón un recital de lírica medieval cos instrumentos do Pórtico da Gloria como fío condutor

16/02/21 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia resalta o labor das entidades rexionais e locais no traballo preliminar da conferencia sobre o futuro de Europa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión virtual da Comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións