Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta mobiliza máis de 1,2 millóns de euros no concello de Cenlle ao abeiro da medida Leader 2014-2020
Ademais deste centro de novas tecnoloxías, a Agader financiou unha piscina municipal, a habilitación dunha adega para o enoturismo e unha casa de turismo rural que vén de iniciar a súa actividade
A Xunta solicita ao Goberno central que licite un dos estudos informativos existentes da Saída Sur de Vigo, unha infraestrutura "clave" para a cidade, para Galicia e para a Eurorrexión
Salienta que o informe elaborado pola Xunta acredita que a Saída sur de Vigo permitiría: reducir custos de transporte; atraer novos tráficos de carga e descarga; e mellorar a conexión coa Plisan; e incrementar a actividade portuaria un 6%
A Xunta e o Concello de Verea estudan a posible posta en marcha dalgúns instrumentos de mobilización de terras na zona
O titular de Medio Rural mantivo un encontro telemático co rexedor para coñecer de primeira man as necesidades e demandas deste municipio ourensán en materia agropecuaria e forestal
A Xunta preséntalle ao Concello de Vilagarcía de Arousa os proxectos para investir máis de 33 M€ no saneamento e na nova depuradora e solicita axilidade na tramitación urbanística
Vázquez Mourelle traslada que o obxectivo da Xunta é licitar este mesmo ano tanto a mellora da rede de saneamento como a ampliación da depuradora, para o que o Concello debe culminar a modificación puntual do PXOM
A Xunta mellora o material de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil con 4 embarcacións de salvamento e rescate
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega deste material cedido aos concellos de Fisterra, Valdoviño, Barreiros e Vilagarcía de Arousa
Emigración incrementa ata os 2,2 M€ as axudas para os galegos retornados ante as circunstancias covid
En concreto, desta cantidade, a Secretaría Xeral destina alomenos 500.000 euros ao reforzo destes apoios económicos ante a situación xerada pola pandemia entre este colectivo
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Somoza, no concello da Estrada
Estes traballos estanse a desenvolver no leito do río, á altura da parroquia de Santo André da Somoza
A Xunta conclúe o trámite ambiental da modificación do PXOM de Santiago para establecer unha nova regulación de usos nos distintos ámbitos da cidade
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático acorda non someter o planeamento ao procedemento de avaliación ordinaria, tras descartar no seu informe efectos significativos previsibles sobre o medio ambiente
Conde subliña a aposta que está a facer o sector da lousa e da pedra natural pola industria 4.0 para incrementar a súa capacidade loxística e produtiva
Pon Euro-Roca como exemplo desta aposta pola dixitalización e a diversificación, que contribúe a consolidar o liderado de Galicia como principal produtora en España de roca ornamental
Nava Castro pon en valor a liña de axudas para establecementos turísticos das que xa foron beneficiadas 80 empresas
A directora de Turismo de Galicia compareceu hoxe no Parlamento para dar conta das axudas autonómicas para a mellora de aloxamentos turísticos e de restauración