Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/02/21 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/02/21 | 12:21

Rosa Quintana destaca o avance das obras do túnel do acceso ferroviario a Caneliñas, en Ferrol, que encaran as últimas fases

Os labores de escavación da última parte deste conduto empezarán en próximos días na zona da Graña na que se prevé escavar uns 850 metros

17/02/21 | 12:21 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que o Consello da Xunta aprobará mañá unha nova orde de axudas para a creación de 20 casas niño

Esta convocatoria permitirá que Galicia chegue a un centenar destes centros de conciliación no rural antes de rematar o ano

17/02/21 | 12:21

A Consellería de Medio Ambiente aproba inicialmente o Plan Básico Municipal de Triacastela

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca que se trata do segundo concello que acada a aprobación inicial e o primeiro dos oito que iniciaron a redacción do seu plan básico tendo como referente o do Páramo, aprobado inicialmente en decembro

17/02/21 | 12:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Plan de Benestar Emocional pon a disposición dos centros educativos 24 actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia

Román Rodríguez salienta que o novidoso plan servirá “para avanzar nun modelo no que os centros son moito máis ca un espazo de docencia, tamén lugares de convivencia nos que aprender valores como a confianza nun mesmo”

17/02/21 | 11:53 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 11.762 casos activos por coronavirus

Un total de 95.465 pacientes xa están curados

17/02/21 | 11:43 | C. de Sanidade

O Álvaro Cunqueiro intégrase na rede nacional de metástase cerebral xunto a outros 11 hospitais españois

O servizo de Neurocirurxía do hospital vigués é o único de Galicia que participará nesta rede, e achegará mostras de pacientes operados de tumores cerebrais

17/02/21 | 10:59 | C. do Medio Rural

O 60% da superficie incorporada no 2020 ao sistema de Certificación Forestal PEFC en España proveu de Galicia

Ademais, o 87% dos novos silvicultores certificados con este selo o pasado ano no conxunto do Estado son galegos

17/02/21 | 10:51

A Xunta dispón 1 millón de euros para conservar 500 postos en centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción laboral afectadas pola covid-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para que estas entidades opten desde mañá a axudas excepcionais para atenuar os efectos da covid-19 sobre o desempeño da súa actividade

17/02/21 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa aos CIM da Coruña, Ferrol e Bergantiños-Costa da Morte das novidades da próxima convocatoria de axudas para apoiar o seu traballo e para financiar os gastos de persoal

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participaron esta mañá nunha videoconferencia para recoller as propostas dos responsables destes centros