Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta renova a liña de axudas para fomentar a recuperación do turismo de reunións cando a situación sanitaria o permita
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de subvencións dotada con 650.000 euros para promover o desenvolvemento de eventos nas anualidades 2021-2022
A Xunta aproba a creación de 24 prazas de funcionarios para os tres novos xulgados do Social na Coruña, Lugo e Vigo
Cada un dos tres xulgados contará cun cadro de persoal de 2 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilios, que concentran o 85% do custo da posta en funcionamento destes órganos xudiciais con máis de 722.000 euros
A Xunta solicita a convocatoria urxente da mesa industrial para avaliar posibles alternativas ao peche de Siemens nas Somozas
O Goberno galego enviou hoxe sendas cartas á ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, e á de Industria, Turismo e Comercio, Reyes Maroto, despois de solicitarlles xa a semana pasada a súa colaboración e non recibir resposta
Luis López convida aos 2.700 veciños de Vilaboa citados ao cribado de detección da covid-19 a que asistan masivamente co obxectivo de "protexer a saúde e frear os contaxios"
O delegado territorial, que acudiu á segunda xornada xunto ao xerente da área sanitaria, José Ramón Gómez, destaca o “compromiso e esforzo” do Sergas para realizar estas probas orientadas á detección de casos asintomáticos
A Xunta e o Concello de Taboadela estudan a posibilidade de crear unha aldea modelo neste municipio ourensán
O conselleiro do Medio Rural mantivo un encontro telemático co alcalde para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños en relación co agro
A Xunta analiza coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa os retos relacionados coa operatividade do porto
Este encontro dá continuidade ao celebrado a principios deste mes cos presidentes das cinco autoridades portuarias de Galicia e ten como obxectivo intercambiar pareceres sobre a operatividade e competitividade do peirao
A Xunta reforzará a formación dos servizos de emerxencias que actuarán nos actos que se van desenvolver no Xacobeo
Incrementará as actividades destinadas á formación dos equipos de emerxencias e dos corpos de seguridade, e programará novos cursos
A Xunta destaca que a Lei de reactivación catalogará como iniciativas empresariais prioritarias os proxectos de enerxía renovable vencellados ao autoconsumo industrial
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá un encontro con representantes do Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) co obxectivo de escoitar as súas achegas e seguir definindo o modelo de transición ecolóxica da Comunidade