Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/02/21 | 10:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta convoca por un importe de 24 M€ as axudas para os grupos de investigación máis competitivos do sistema de I+D+i galego

O DOG publica hoxe a convocatoria conxunta da Consellería de Educación e da Vicepresidencia segunda para financiar a actividade investigadora dos Grupos de Referencia Competitiva, os Grupos de Potencial Crecemento e os Proxectos de Persoal Investigador con traxectoria excelente

16/02/21 | 10:03 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para compensacións complementarias e para a reposición de animais polo sacrificio obrigatorio de gando por erradicación de enfermidades

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde da Consellería do Medio Rural, dotada con 250.000 euros

15/02/21 | 20:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta aborda co sector o Plan de hostalería segura que guiará a desescalada das restricións sanitarias ante a covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse hoxe con representantes de asociacións de hostalería e da restauración

15/02/21 | 20:35

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León piden liderar a Estratexia Nacional para a conservación do lobo ibérico

Defenden que os gobernos autonómicos dispoñen de maior información e dos coñecementos necesarios para controlar de xeito sostible a especie e garantir o equilibrio necesario na súa convivencia co sector gandeiro e a actividade humana

15/02/21 | 19:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta traslada ao ministro Castells o labor das universidades galegas fronte á covid-19 e pide non crear máis incertezas

Román Rodríguez demanda unha “participación sincera” na elaboración da nova lei de universidades e demanda máis fondos para a dixitalización

15/02/21 | 17:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez solicita o apoio do concello e dos empresarios de Santa Comba para demandar 10 M€ de fondos europeos de reconstrución para o acondicionamento da estrada AC-406

A Xunta xa solicitou ao Goberno central fondos do Plan de recuperación para darlle continuidade ás obras rematadas o pasado ano entre Abuín e o parque empresarial, que supuxeron un investimento autonómico de 4,3 millóns de euros

15/02/21 | 17:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal felicita ao Goberno portugués pola apertura de novos pasos fronteirizos no Alto Miño

A fronteira Melgaço-Arbo e Montealegre-Baltar reabriron hoxe desde as 06,00 ás 09,00 horas e pola tarde entre as 17,00 e as 20,00 horas

15/02/21 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/02/21 | 16:08 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia mantense en máxima restrición para consolidar a melloría das últimas semanas e preparar unha apertura gradual e coa máxima seguridade

Feijóo avanza que o mércores 17 entrarán en vigor varias aperturas graduais, en eidos como o das residencias e centros de discapacidade, o comercio, o deporte ou a cultura

15/02/21 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Facenda e Administración Pública

O novo espazo Amizar da Coruña abrirá as portas antes do verán como un gran centro sanitario, administrativo e social co que a Xunta aforrará 750.000 euros ao ano en alugueiros

Vázquez Mourelle sinala que os traballos, case ao 40% de execución, consisten na rehabilitación da antiga delegación da Consellería de Sanidade para recuperala para a vida pública