Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/02/21 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/02/21 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias informa da nova convocatoria do programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe o inmoble número 47 da rúa Camelias no que se restaurou a fachada e realizáronse melloras de accesibilidade

15/02/21 | 14:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor cos sectores produtivos galegos as posibilidades que achega a futura Lei de reactivación

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta mañá un encontro en liña con representantes de Ceaga, dentro da rolda de reunións que está a ter cos clústeres galegos para avaliar as novidades que introduce o texto

15/02/21 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou nos últimos tres anos máis de 400 actuacións de mellora de vivendas particulares na provincia de Lugo cun investimento de 4,1 M€

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as obras foron financiadas a través do programa para o fomento da conservación, a seguridade, a accesibilidade e a eficiencia enerxética dos inmobles

15/02/21 | 14:05

A Xunta destina 2 M€ para facilitar un fogar ás vítimas da violencia de xénero e garantir a súa autonomía e independencia

As conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Emprego e Igualdade asinan o convenio de colaboración que permite a convocatoria das axudas para facilitar a estas persoas un alugueiro e axudalas a continuar coa súa vida

15/02/21 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Tradutores de todo o mundo poderán viaxar a Coruña para exportar obras en galego co apoio da Xunta de Galicia

‘Residencia Xacobeo’ facilita ao beneficiario a estadía para traballar e investigar na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX no casco histórico coruñés

15/02/21 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de canalización do rego de Portapego en Fonte Díaz para evitar asolagamentos

Estas obras de humanización contaron cun orzamento de preto de 44.000 euros e foron posibles grazas a un convenio de colaboración entre o Goberno autonómico e o concello

15/02/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata e entrega as obras de urbanización da primeira fase do polígono de Morás ao Concello de Arteixo

O delegado da Xunta lembrou que o orzamento para o remate desta primeira fase foi de 3,6 millóns de euros e afectou a unha superficie de 554.002 metros cadrados

15/02/21 | 13:28

Galicia defende o incremento das posibilidades de pesca nas augas compartidas co Reino Unido

Ve esencial a posta en valor de argumentos socioeconómicos e a unidade de acción entre as comunidades autónomas e o Goberno central para maximizar as cotas definitivas de 2021 nesas augas e compensar outras caídas