Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/02/21 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a súa colaboración internacional cunha intervención para previr a pandemia nas escolas de Mozambique

Esta actuación, que permitirá adquirir material de prevención e hixiene básica para once escolas, beneficiará a máis de 4.000 persoas na provincia de Manica

07/02/21 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta e as cooperativas agroalimentarias reforzan a súa colaboración na defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos

No encontro púxose de manifesto a sintonía existente entre ambas partes en materias como as negociacións da PAC, o reparto dos fondos europeos para o sector primario ou a posibilidade de mellorar a Lei de recuperación da terra

07/02/21 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon a disposición dos profesionais das bibliotecas un novo servizo de formación online sobre o seu sistema de xestión

A páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia inclúe desde esta semana máis de 30 videotitoriais para recibir formación de xeito autónomo e orientar a aprendizaxe

07/02/21 | 11:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

Educación e Emigración destacan a integración inmediata dos galegos retornados no sistema educativo galego

Ambos departamentos autonómicos tamén destacaron a axilidade en Galicia da homologación dos títulos educativos non universitarios dos galegos do exterior

07/02/21 | 11:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta concede axudas para a realización da formación práctica en centros de traballo e en FP Dual a máis de 2.500 alumnos

O obxectivo desta acción é compensarlle parcialmente ao alumnado os gastos derivados destas actividades

07/02/21 | 11:09

A Xunta insta ao Estado a emitir en tres meses os seus informes sectoriais para avanzar na axilización da tramitación urbanística

Lembra que esta limitación nos prazos xa se implantou en Galicia a través da Lei do Solo de 2016, logrando desde entón acelerar de forma notable todos os trámites

07/02/21 | 11:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta renova os apartamentos tutelados de Antas de Ulla para a creación dunha residencia de 58 prazas

Esta actuación, que a Consellería de Política Social licitará nos vindeiros días, suporá un investimento de 1,8 millóns de euros

07/02/21 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avánzalle ao alcalde de Tordoia a licitación nesta primavera das obras da senda peonil na estrada AC-413 no núcleo da Tablilla, cun investimento da Xunta de 120.000 euros

A Xunta está a avaliar medidas adicionais para incrementar a seguridade e o calmado de tráfico na recta da Tablilla, como o incremento da seguridade nos xiros ou a posibilidade de pintar liña continua para evitar adiantamentos