Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/02/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/02/21 | 10:40 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 19.966 casos activos por coronavirus

Un total de 82.275 pacientes xa están curados

06/02/21 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que o bo funcionamento do ensino virtual nas escolas de idiomas avala a preparación do sistema

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou a EOI de Vilagarcía, onde preto de 700 alumnos de 62 grupos distintos están recibindo clases de xeito telemático a través das aulas virtuais con total normalidade

06/02/21 | 12:49 | C. de Sanidade

Gabriel Alén destaca que a Xunta realiza este sábado cribados a 12.000 cidadáns da área metropolitana de Ourense

O delegado territorial destacou o gran esforzo e dedicación dos profesionais sanitarios e tamén o importante apoio que están a prestar os dispositivos de emerxencias e seguridade no desenvolvemento dos cribados que se organizan estes días en diferentes localidades da provincia

06/02/21 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ampliará o alcance do Plan de Reactivación da Cultura cunha nova inxección de 23 M€ neste primeiro trimestre

O conselleiro referiuse ao lanzamento de novas liñas de apoio aos profesionais que permitirán seguir preservando o emprego e deseñar e apoiar novos formatos

06/02/21 | 12:34 | C. de Sanidade
06/02/21 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que a posta en servizo da nova estación de autobuses de Ourense "abre o tempo da intermodalidade en Galicia" grazas a un investimento da Xunta de 9 M€

Ourense convértese hoxe na primeira cidade galega na que os viaxeiros poden transbordar directamente entre o autobús e o tren “en 30 segundos”, cunha “intermodalidade plena” nun único emprazamento e ao mesmo nivel

06/02/21 | 11:55 | C. de Política Social e Igualdade

As escolas infantís da Xunta incorporan 300 novas nenas e nenos ás aulas no período de matriculación extraordinario

Esta cifra supón un incremento do 13% con respecto ás pequenas e pequenos que se inscribiron no mesmo proceso extraordinario do curso pasado

06/02/21 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano dos ríos Carballás, Regueiro de Riazón e Castro, ao seu paso polo concello de Forcarei

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo en distintos tramos destes ríos no seu percorrido pola parroquia de San Miguel de Presqueiras