Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/02/21 | 09:43 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste 1,5 M€ nas primeiras axudas para impulsar a boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común

O obxectivo da orde de achegas que publica hoxe o DOG é profesionalizar a xestión das CMVMC e consolidar as máis de 660.000 hectáreas de montes que abranguen, que representan máis do 25% da superficie forestal da comunidade

09/02/21 | 08:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir desta tarde

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org

08/02/21 | 20:19 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración acorda adiar o día da Galicia Exterior para 2022 tras consultar a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

A reunión, que tivo lugar esta tarde, foi telemática, e estivo presidida polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda

08/02/21 | 17:55

Medio Ambiente analiza coa Fegamp o novo imposto que o Estado quere impor á eliminación dos residuos e ás instalacións enerxeticamente eficientes

A conselleira de Medio Ambiente lamenta que a folla de ruta do Estado sexa contraria á da Xunta, que aposta por premiar e rebaixar a quen máis recicla e cumpre cos obxectivos de redución de residuos

08/02/21 | 17:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os premios escolares de innovación en dinamización lingüística 2020-2021

O prazo de participación estará aberto desde mañá ao 10 de marzo para centros docentes de titularidade pública

08/02/21 | 17:34

A Xunta destaca a importancia de que as empresas inclúan protocolos contra o acoso sexual nos seus plans de igualdade

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia nunha xornada de formación contra o acoso sexual nos centros de traballo organizada polo Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense

08/02/21 | 17:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementou case 20.000 horas anuais de SAF en 7 concellos da comarca do Barbanza nos que atenden a 382 persoas

Gonzalo Trenor participou nunha videoconferencia coa alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo

08/02/21 | 15:11 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a posta en marcha dun plan de mellora da eficiencia e calidade dos servizos públicos para facilitar a iniciativa empresarial

Subliña que a nova estratexia terá como finalidade implantar uns servizos públicos acordes ao século XXI, impulsar un marco xurídico adaptado á nova realidade; e aplicar as tecnoloxías disruptivas que terán un maior impacto na economía

08/02/21 | 15:05 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso da Xunta co porto da Coruña e demanda ao Goberno central a licitación da conexión ferroviaria a Punta Langosteira antes do mes de xuño

”Ou se licitan as obras antes do mes de xuño ou perderemos a competitividade do porto durante os próximos cinco anos”, asevera, incidindo en que a declaración de impacto ambiental da obra caduca no mes de xuño

08/02/21 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes