Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta achega 50.000 euros ao concello de Lugo para o mantemento do centro de acollida para vítimas de violencia de xénero
O delegado territorial, Javier Arias, subliñou a importancia de “coordinar as accións administrativas e colaborar para ofrecer unha atención integral ás mulleres e aos seus fillos e fillas”
O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde da Gudiña
Gabriel Alén tivo a ocasión de repasar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de medio ambiente e infraestruturas turísticas
A Xunta incrementa nun 12% o orzamento do Plan anual da cooperación galega para 2021 ata os 7,4M€
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode), na que se aprobou por unanimidade o Plan anual 2021 da Cooperación Galega
O Gaiás mantén exclusivamente en liña a programación do festival infantil de curtas 'Pequefilmes' para esta fin de semana
Suspéndense as proxeccións presenciais no Gaiás pero as sesións poderán verse desde a casa a través da plataforma tv.festhome
Galicia rexistra un total de 21.613 casos activos por coronavirus
Un total de 69.356 pacientes xa están curados
O CDG publica o texto do espectáculo ‘O charco de Ulises’ na súa colección editorial ‘O papel do teatro’
Recolle a versión en galego da obra escrita por Santiago Cortegoso que estreou a compañía pública o pasado 14 de xaneiro
A Xunta destaca que os 3 novos GES en Pontevedra permitirán mellorar a cobertura das emerxencias na provincia
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicaron hoxe a posta en funcionamento dos novos GES na provincia de Pontevedra a representantes da Deputación provincial e dos concellos sede destes grupos
Un total de 14 empresas presentan ofertas para executar as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada AC-552 en Arteixo, no que a Xunta inviste máis de 2 M€
A obra, cun prazo de 12 meses, acometerase entre o enlace coa AG-55 e o acceso á presa de Meicende, executando dúas glorietas para aumentar a seguridade
A Xunta concede apoios por 469.000 euros para os proxectos de desenvolvemento tecnolóxico de 37 pemes e autónomos de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o obxectivo é axudar ás empresas locais a incorporar as vantaxes dixitais para ser máis competitivas