Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os orzamentos do ano 2021 que entran en vigor mañá permitirán seguir combatendo a pandemia, impulsar a reactivación económica e atender ás familias, pemes e autónomos
O DOG publica hoxe a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021
Ata 26.000 gandeiros e agricultores galegos poderán solicitar máis de 205 millóns de euros en axudas da PAC
Deste montante global, 170 millóns de euros correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 35 millóns coas medidas de desenvolvemento rural asimiladas ao Sistema Integrado de Xestión e Control
Conde destaca o esforzo e o comportamento exemplar do comercio galego, ao que traslada o compromiso da Xunta de seguir ao seu carón
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro en liña co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, así como coas federacións provinciais e as asociacións de comerciantes
A Xunta mantén o seu compromiso de colaborar na solución e reclama a Endesa que traballe na viabilidade económica e ao Goberno que non autorice o peche da central
Lamenta a decisión unilateral de Endesa, á que lembra que debe seguir pensando no futuro das Pontes tras coñecerse que as conclusións do comité técnico avalan que o uso de biocombustibles garante que a planta é viable desde o punto de vista técnico e medioambiental
Fernández-Tapias anuncia o inicio do proceso de adxudicación de dúas vivendas en Berbés 41 e unha en Abeleira Menéndez 16
A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial en Vigo sinala que este é o undécimo sorteo destas características convocado polo CCVV
Luisa Piñeiro fai un chamamento á veciñanza de Forcarei para que participe masivamente no cribado de detección da covid-19 "para protexer a saúde" no concello máis envellecido da provincia
A delegada territorial, que acudiu á primeira das tres xornadas programadas, destaca o “compromiso e esforzo” do Sergas co Concello para detectar casos asintomáticos ao roldar unha incidencia de 3.000 por cada 100.000 habitantes
Galicia, primeira comunidade autónoma que detecta en España a presenza da cepa sudafricana
Os servizos de Medicina Preventiva e de Microbioloxía do CHUVI detectaron esta cepa nun home da Área Sanitaria de Vigo ao seu regreso dunha viaxe a Sudáfrica
A Xunta reforza o compromiso co labor dos GDR co investimento de 35 millóns de euros para dinamizar o rural galego
Estes fondos permitirán destinar case 23 millóns de euros a financiar proxectos ao abeiro da medida Leader ata o 2023
A Xunta contribúe a reducir a afección das augas residuais ao esteiro do Miñor xestionando as depuradoras dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, que deben actuar nas súas redes
A directora de Augas de Galicia destaca a colaboración cos concellos do Val Miñor nas responsabilidades de competencia municipal, así como o esforzo investidor para garantir a axeitada calidade dos servizos de auga que se dán aos veciños
Sanidade realizará un cribado a 22.000 persoas do concello de Vigo
A partir do próximo venres iniciarase este cribado con test de antíxenos no Instituto Ferial de Vigo