Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/01/21 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia aos concellos de Vilagarcía, A Illa, Lalín, Vila de Cruces, Caldas, Tomiño e Ponteareas para impulsar dez proxectos de enerxías renovables cun investimento de 158.000€

Trátase de seis instalacións de enerxía térmica con biomasa e catro de aproveitamento solar fotovoltaico en equipamentos públicos de carácter social, cultural, educativo, deportivo, institucional e comercial

29/01/21 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ultima os trámites para incoar a declaración da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, respondeu unha pregunta no Parlamento sobre o estado dos informes do inmoble

29/01/21 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asinou no último cuadrimestre do ano pasado 14 convenios que impulsan actuacións turísticas en Lugo cun investimento de 1,2 M€

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se formalizaron instrumentos de colaboración para desenvolver o Plan de sostibilidade turística da Ribeira Sacra e para a reactivación de xeodestinos

29/01/21 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 3 ofertas para executar o acondicionamento e rehabilitación da Ponte de Pedra sobre o río Grande en Baio, no concello de Zas, cun investimento de case 328.000 euros

Trátase de mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade peonil na ponte de xeito que se facilite a mobilidade entre ambas as ribeiras do río

29/01/21 | 11:50 | C. do Medio Rural

A futura Lei de recuperación da terra volve ao Consello Agrario Galego na procura do máximo consenso na súa elaboración

Neste contexto, José González propuxo a creación dun grupo de traballo coas organizacións profesionais agrarias para mellorar os seus contidos namentres se poidan introducir emendas no trámite parlamentario, no mes de febreiro

29/01/21 | 11:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta tramitou o pago de 913.000 euros de axudas do bono social térmico a case 10.000 beneficiarios lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que xa está aberto o prazo para solicitar as achegas do bono social eléctrico da Administración autonómica

29/01/21 | 11:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a capacidade de adaptación da BFFood e na próxima convocatoria prestará especial atención á innovación para facer fronte á covid-19

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na ‘demoday’ en liña da segunda edición desta aceleradora de alimentación que sumou 14 novas propostas

29/01/21 | 11:15

A Xunta dedicou 400 millóns en cinco anos á súa estratexia de igualdade e traballa no VIII plan que lle dará continuidade

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu por videoconferencia a Comisión Interdepartamental da Igualdade, ante a que fixo balance do VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade

29/01/21 | 10:36 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá máis de 14,3 M€ no Plan Marco 2021-2022 para a mellora dos camiños municipais de acceso a parcelas agrarias

O orzamento é case un 20% superior ao da convocatoria anterior, que roldaba os 12 millóns de euros