Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Comité Asesor Sociosanitario comeza a traballar nas liñas xerais do novo modelo de residencias
Atenderá as novas necesidades xeradas a raíz da covid-19 e mellorará os servizos residenciais para a era poscovid
Un total de 5 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 en Domaio, no municipio de Moaña
Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 490.000 euros, mellorará a seguridade no tramo entre o paso de peóns da travesía de Meira, á altura do centro de saúde, e a intersección coa vía provincial EP-1103, á saída de Domaio
Lorenzana subliña a vertente tecnolóxica das novas lanzadeiras de emprego como clave para favorecer a empregabilidade
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe nun encontro virtual coas Lanzadeiras Conecta Emprego da Coruña, Santiago de Compostela, Carballo, Ourense, Pontevedra e Vigo
A Xunta avaliará as propostas dos empresarios do polígono de Bértoa, en Carballo, para mellorar os servizos de transporte público cara esa área industrial
A Dirección Xeral de Mobilidade, unha vez dispoña dos datos concretos de orixes, destinos e horarios suxeridos polos empresarios, estudará os axustes nas liñas
Un total de 19 centros educativos de 12 concellos lucenses participan este curso no proxecto da Xunta ‘Eduemprende’
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que toman parte na iniciativa seis centros da cidade de Lugo, seis da Mariña, dous de Monforte de Lemos e o resto de Sarria, Vilalba, A Pastoriza, A Fonsagrada e Sober
A Xunta impulsa os contactos coa Comisión Europea no ciclo de encontros virtuais da Fundación Galicia Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou o novo ciclo de encontros virtuais da FGE
Galicia rexistra un total de 21.293 casos activos por coronavirus
Un total de 68.237 pacientes xa están curados
Medio Ambiente remata a tramitación ambiental do Plan de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma, en Chantada
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático asina hoxe a resolución pola que se emite o Informe Ambiental Estratéxico deste proxecto que persegue unha ordenación integrada, tendo en conta as súas especiais características naturais, ecolóxicas e paisaxísticas
A Xunta fomenta a dixitalización e a descarbonización do sector forestal para mellorar a súa sustentabilidade e competitividade
Esta estratexia, impulsada pola Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), intégrase dentro das medidas do Plan Forestal de Galicia 2021-2040
A Xunta publica as achegas para proxectos enerxéticos no sector primario, que distribúen en Lugo 1,1 M€ para 95 iniciativas
O delegado territorial, Javier Arias, lembra que está aberta unha nova convocatoria deste programa e o prazo de solicitudes remata o 15 de febreiro