Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo traslada á Comisión Europea as liñas xerais da Lei de impulso demográfico e as medidas que impulsou Galicia neste eido
O Parlamento galego debate hoxe a aprobación definitiva desta norma, que converte a Galicia na primeira comunidade autónoma en elevar a cuestión demográfica a rango de Lei
A Xunta pagou o ano pasado máis de 105 M€ das axudas da Política Agraria Común na provincia de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as achegas distribuídas a través deste programa benefician a uns 11.000 agricultores e gandeiros lucenses
Román Rodríguez avalía co conxunto da comunidade educativa as novas medidas sanitarias no ámbito escolar e universitario
Explicou que a decisión de adiar o reinicio da actividade lectiva na Universidade e impartir clases telemáticas no ensino de Réxime Especial ten como obxectivo reducir a mobilidade co fin de atallar a incidencia do virus no conxunto de Galicia
Medio Ambiente traslada ao alcalde de Campo Lameiro que no primeiro trimestre do ano se convocarán as axudas para actuacións urbanísticas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia co rexedor local, ao que invitou a solicitar unha axuda ao abeiro deste programa, que está dotado con 2,3 millóns de euros, para a renovación do parque infantil da Lagoa
Un total de 16 empresas presentan ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista na estrada PO-411 en Parderrubias, en Salceda de Caselas, cun investimento de máis de 876.000 euros
Executarase un itinerario de máis de 2 quilómetros nesta estrada autonómica entre os puntos quilométricos 4+260 e 6+250
Medio Rural reforza a súa coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na anticipación aos incendios forestais
O director xeral de Defensa do Monte mantivo reunións de traballo con responsables do Seprona en Galicia e da Unidade da Policía Autonómica
A Xunta publica a orde de axudas para a posta a disposición dos concellos dun total de 35 unidades de atención temperá
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estas subvencións, que incrementan nun 50% o seu orzamento ata chegar aos 3 millóns de euros
A Xunta garante 50 millóns de euros para o seu segundo plan de rescate a autónomos, microempresas e hostalería
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuníronse hoxe con representantes do Cluster de Turismo, as deputacións e a Fegamp
A Xunta solicita ao Goberno que avalíe polo miúdo o ERE presentado por Siemens para tratar de impedir a súa execución
Conde traslada aos 215 traballadores e traballadoras afectados todo o apoio da Xunta na defensa dos seus intereses
Feijóo anuncia que toda Galicia estará desde o mércores, e durante un mínimo de tres semanas, no nivel de restrición máxima
Avanza que, con carácter xeral, as interaccións sociais quedarán limitadas aos conviventes, a mobilidade reducirase ao propio concello e o toque de queda manterase ás 22,00 h porque “non temos capacidade para reducilo ata as 20,00 h”