Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/01/21 | 15:05 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 8 de febreiro

A convocatoria da reunión, que será telemática, foi publicada hoxe no DOG

22/01/21 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas investigan a 16 persoas por furtivismo na costa da Coruña

O operativo comezou no mes de outubro a raíz das denuncias da Confraría de Pescadores da Coruña alertando de furtivos da zona do Portiño que extraían percebe de forma ilícita no litoral próximo a cidade coruñesa

22/01/21 | 14:58 | C. de Facenda e Administración Pública

O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis axiña as súas facturas en novembro

O período medio de pago en Galicia foi de 18,90 días, fronte aos 32,26 da media autonómica

22/01/21 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 7,3 M€ ao funcionamento dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia para os dous vindeiros anos

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, mantén un encontro cos representantes dos cinco GDR da provincia de Pontevedra para planificar a estratexia ata o ano 2022

22/01/21 | 14:28 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a Asoporcel no fomento da explotación "sostible e rendible" da raza autóctona porco celta

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería do Medio Rural destina á entidade 820.000 euros no período 2016-2022 para colaborar na recuperación da especie, en perigo de extinción

22/01/21 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ofrece a súa colaboración ao Concello de Melide para completar a rede de saneamento na parroquia de Santa María, que suporá un investimento próximo aos 134.000 euros

A nova actuación permitirá realizar por gravidade a conexión das augas residuais das vivendas de Santa María que restan, para a súa conexión co colector xa executado a ambas as marxes da estrada N-547

22/01/21 | 14:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.125 casos activos por coronavirus

Un total de 64.662 pacientes xa están curados

22/01/21 | 14:04

Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Sober nun proxecto de mellora e humanización de espazos públicos no rural

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá co rexedor Luis Fernández, quen lle trasladou tamén o seu interese polo Plan Hurbe no que traballa a Xunta para promover actuacións urbanísticas nos concellos da Ribeira Sacra

22/01/21 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura leva tamén á rede a quinta edición do Festival Pequefilmes con 49 curtas infantís de 18 paises

A directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, presentou hoxe a nova entrega do festival que inclúe proxeccións no Gaiás de filmes para a cativada premiados en certames internacionais de prestixio