Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/01/21 | 13:56

Lorenzana aborda coa alcaldesa de Vilariño de Conso proxectos de futuro para fixar poboación no rural a través do emprego

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe en Santiago de Compostela coa alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía

22/01/21 | 13:52 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias anima ao alumnado do Vigo Capacita VI a aproveitar a oportunidade formativa e laboral que se lles está a brindar

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu hoxe á inauguración dunha nova edición deste taller de emprego no que se formarán 20 persoas durante os próximos 9 meses en cociña e servizo de atención en restaurante

22/01/21 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta a través do GDR e do GALP da Costa da Morte apoiou 18 proxectos no 2020 cun investimento de máis de 1,3M€

O delegado da Xunta participou nun encontro de traballo cos presidentes de ambas entidades para facer balance e definir as estratexias no 2021

22/01/21 | 13:35 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores Quercus, no concello de Leiro

As Consellerías de Sanidade e Política Social toman esta medida para reforzar o persoal do centro e garantir a calidade asistencial

22/01/21 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 1,5M€ para poñer en valor o patrimonio cultural dos concellos ourensáns da Ribeira Sacra

O conselleiro de Cultura e Educación visitou hoxe, xunto co alcalde e o delegado da Xunta, as obras de rehabilitación do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo

22/01/21 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e a Fegamp avanzan na renovación da Axenda Social Única, que fixará os obxectivos en materia de inclusión para os próximos catro anos

A Axenda Social Única 2016-2020 logrou materializar o 96% das súas iniciativas e nela investíronse 162 millóns de euros

22/01/21 | 12:54

Medio millar de voluntarios protexerán e conservarán os valores naturais das illas do Parque Nacional de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou esta mañá ‘Un parque para todos’, unha iniciativa que conxuga a integración social e laboral de persoas con diversidade funcional e a xestión medio ambiental para o mantemento dos hábitats naturais

22/01/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 2,5 M€ a axudas ás asociacións de veciños, de mulleres rurais de Galicia e comunidades de usuarios de augas para mellorar a calidade de vida local

As axudas teñen como finalidade fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal e contan cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras de mellora nos locais sociais e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos

22/01/21 | 12:14

Galicia conta cunha nova ferramenta para mellorar a xestión dos recursos pesqueiros da baixura e acadar unha actividade sostible e rendible

O ‘Atlas da frota de baixura do litoral de Galicia 2000-2018’, presentado hoxe aos representantes do sector, fai unha radiografía da frota de artes menores de Galicia coas 20 modalidades de pesca máis importantes e a súa evolución así como coas especies obxectivo máis relevantes para o sector

22/01/21 | 12:07 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo aposta por seguir impulsando a industria biotecnolóxica galega coa selección de tres iniciativas estratéxicas por un importe de 445 M€ para optar aos fondos europeos Next Generation

Á marxe destes tres proxectos, salienta que a Xunta propón dúas iniciativas máis: unha para impulsar a rede galega de hubs de innovación dixital e outra para a creación dun centro de fabricación propia de medicamentos de terapias avanzadas