Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/01/21 | 15:57 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

Galicia estenderá a educación dixital a 100.000 alumnos e alumnas

Feijóo destaca que chegará ao 70% dos alumnos de 5º de primaria a 4º da ESO

21/01/21 | 15:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina preto de 24 M€ ás axudas aos grupos de investigación máis competitivos do sistema de I+D+i de Galicia, un 60% máis que na anterior convocatoria

Feijóo lembra que nos últimos anos se levan mobilizados máis de 175,5 M€, grazas aos que, a día de hoxe, funcionan 276 grupos de investigación nos que traballan uns 2.600 investigadores

21/01/21 | 15:43 | A Presidencia da Xunta
21/01/21 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As fundacións Camilo José Cela e José García Nieto resolven o seu VII concurso de micropoemas con máis de 300 participantes

Os poemas ‘El camino’, ‘Ausencia’ e ‘La nada’ foron os tres premiados, nunha edición con récord de micropoemas presentados nos seus sete anos de historia

21/01/21 | 15:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAI presenta os traballos de Marcelo Expósito, Luis López Carrasco e Álvaro Orús con cadanseu coloquio co público

A cinemateca da Xunta adianta os horarios da sesión de ‘143.353 (Los ojos no quieren estar siempre cerrados)’, que terá lugar mañá ás 19,00 h., e do primeiro pase do documental ‘El año del descubrimiento’, o xoves 28 ás 17,30 h.

21/01/21 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta incorporará melloras nos servizos de transporte interurbano nas áreas da Coruña e Ferrol para favorecer a mobilidade de veciños e traballadores

A empresa titular da concesión comprometeuse a concretar adaptacións en horarios e paradas para atender as demandas formuladas pola Dirección Xeral de Mobilidade nunha xuntanza mantida este mércores

21/01/21 | 14:48 | C. do Medio Rural

A Xunta vén de comunicar ao Ministerio de agricultura un foco positivo do sars-cov-2 nunha granxa de visóns situada en Galicia

A comunicación da positividade, que tamén se trasladou ao titular da explotación, faise consonte ás normas vixentes en España de comunicación de enfermidades emerxentes

21/01/21 | 14:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía cos comerciantes de Vigo as principais liñas de apoio para reforzar a competitividade deste sector estratéxico

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, mantiveron un encontro con representantes das asociacións locais, que lles achegaron as súas propostas

21/01/21 | 14:29 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.030 casos activos por coronavirus

Un total de 63.973 pacientes xa están curados